top of page

O PP de Melide cuestiona a reunión do presidente da Deputación cos empresarios da vila

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Actualmente non hai solo industrial dispoñible no municipio. É o Concello quen ten a competencia para recalificar o solo e provelo como industrial", indica


Ecos da Comarca/Melide

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou, tal e como publicamos, este luns nunha reunión coa Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM) onde coincidiu na necesidade de dotar, "canto antes", de solo industrial ao municipio "para que non se produza unha fuga de empresas e para que poida haber oportunidades de xeración de emprego". Ante estas declaracións o Partido Popular da localidade emitiu o seguinte comunicado:

  • O PP de Melide parabeniza ao socialista Gónzalez Formoso por interesarse por temas prioritarios para Melide como é o solo industrial a tan so 7 meses das eleccións municipais.

  • Para os populares é algo que Formoso e o seu equipo adoitan facer cando as enquisas lle preocupan; O grupo municipal popular recorda visitas idénticas nas últimas eleccións de 2019 ao parque empresarial na que Formoso e os socialistas melidenses instaban ao desenrolo de solo industrial. Máis de tres anos despois, o único goberno que iniciou os trámites foi o do PP.

  • O PP de Melide quere deixar claro a situación do municipio en canto este tema para evitar “enganos ou faltas á verdade” por parte do bipartito municipal AM-PSOE apoiados por unha institución que é de todos, a Deputación, cara os veciños e veciñas de Melide:

  1. Primeiro.- Actualmente non hai solo industrial dispoñible no municipio. É o Concello gobernado por J.M. Pérez e Prado quen ten a competencia para recalificar o solo e provelo como industrial.

  2. Segundo.- Para iso ou ben aborda o PXOM ou ben propón unha modificación puntual. Isto que era reclamado continuamente por socialistas e nacionalistas (AM) na oposición parece caer no esquecemento no goberno municipal.

  3. Terceiro.- O Concello de Melide non pode formar parte do Plan Sectoriais de Áreas empresariais porque non o solicitaron.

  4. Cuarto .- Recordámoslle ao líder dos socialistas galegos que o SEPE é o Servizo de Emprego Público Estatal e non ten nada que ver co desenrolo de solo industrial. É bo que no caso de que se visite ou se concerte unha reunión sobre un tema tan importante para unha vila se saiba de que se está falando. En tal caso, a SEA -Sociedade Estatal do Atlántico- non pode desarrollar solo en Galicia, excepto que o solo teña calificación de industrial, cuestión que non acontece en Melide e que xa non é a primeira vez que desmentimos.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Dende o PP de Melide instamos a que se deixe de mentir aos empresarios e a posibles inversores sobre a situación do solo industrial no noso concello e quen agora ten responsabilidade de gobernar debe deixarse de “lanzar globos onda” que non teñen nada de real. Nin Melide nin os melidenses o merecen".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page