“Voluble é a definición do goberno bipartito cando estaban na oposición aborrecíano e criticaban o gasto do maior escaparate de Melide a nivel turístico, comercial, hostaleiro"
Ecos da Comarca/Melide
Os populares melidenses veñen de analizar o gasto que ata agora o Concello de Melide vén de pagar co motivo das festas, -"denominadas non festas polo propio bipartito"- do San Roque 2021. A conclusión a que chegan os populares melidenses é que polo de agora, o gasto ascende a máis de 100.000 euros, o dobre do orzamentado no presuposto 2021 para o evento.
"Durante os mandatos populares artellouse unha fórmula baseada nun convenio no que a Asociación do San Roque recibía 50.000 euros e o Concello cooperaba coa mesma en todo o relativo ás festas, formula que AM-PSOE utilizou no ano 2019 mudando no ano 2021 para eivar ao Concello con máis gasto directo a pesar de ser un San Roque “atípico” foi moito máis caro para as arcas municipais con consecuencias francamente prexudiciais para o nome de Melide", sinalan.“Voluble é a definición do goberno bipartito AM-PSOE encabezado por X.M. Pérez, cando estaban na oposición aborrecían o San Roque e
criticaban o gasto do maior escaparate de Melide a nivel turístico, comercial, hostaleiro; agora que gobernan, e nun escenario moi delicado por mor da Covid-19, gastan máis do dobre do que tiñan presupostado e eliminan a figura da Asociación de Festas do San Roque cargando de máis competencia á propia administración local” sinalan dende a
formación popular. Respecto da situación económica e de "total desamparo por parte do bipartito cara a asociación do San Roque" os populares avanzan que darán cumprida información nas próximas semanas.
Dende a formación popular chámalles a atención en que, "o que antes dende a oposición era criticado e tiña un retorno económico moi importante para todo o tecido melidense, o que era o cartaz de festas máis famoso de Galicia, agora, baixo o paraugas AM-PSOE organizan un “sucedáneo” de festas que resulta ser o dobre de caro do agardado, con gastos so cuantificados ata o mes de setembro".
A portavoz popular, Dalia García, sinala “pese a que a normalización e a cultura deben ter o apoio das administracións públicas, unha vez analizada a situación e as consecuencias, non se debeu esquecer a importancia de apoiar con axudas directas a autónomos e empresas e diversificar os recursos municipais despois dun ano de peches intermitentes, algo que Melide, non fixo; pola contra, si se decidiu “axudar” a familiares directos de membros do goberno local”, acusa.
コメント