Ecos da Comarca/Melide
“Melide sofre un goberno de luns a venres que desconecta das necesidades da nosa vila á mínima” sinala a portavoz do PP de Melide, Dalia García. A crítica dos populares céntrase "na falta de visión ao non aproveitar o paso de persoeiros da talla de José Andrés pola
nosa vila para promocionar o noso: a respostaría tradicional da vila así como outro dos seus produtos máis coñecidos, o polbo a feira e que dá a tantas familias sustento·, sinalan dende o grupo municipal.
Contan que o coñecido chef José Andrés publica nas redes sociais os seus comentarios sobre as etapas e que foi coñecida a súa estancia no veciño concello palense promocionando a cociña de autora da gran María, rexedora da Parada das Bestas. "É unha auténtica perda de oportunidades que Melide non saiba aproveitar a presenza desta
figura de ámbito internacional no municipio, a publicidade para o Camiño e os produtos locais era impagable", sinala García, quen a súa vez lamenta que Melide "estea perdendo cada día máis peso como cabeceira de comarca". “A Covid é a excusa perfecta para o bipartito; é o comodín para todo”, reitera a portavoz popular.
Os populares lamentan que o bipartito "coste a Melide e aos seus veciños e veciñas unha perda de publicidade, imaxe e repercusión debido a incompetencia dos responsables municipais".

A localidade de Melide.
Autor: Ecos da Comarca.
コメント