Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O PP de Melide asegura que a “peatonalización” da zona vella se fixo sen consenso veciñal

Ademais, afirman que non conta cun plan de emerxencias adaptado ao casco antigo


Ecos da Comarca/Melide

Ante as dúbidas que suscitara a medida de peatonalizar esa zona de Melide que alberga os accesos ao Centro Social e ao Cemiterio Municipal entre a veciñanza, o grupo municipal do PP de Melide preguntou no pleno do pasado agosto sobre si existía ou non un plan de

emerxencias, se é esta era unha medida definitiva, e/ou se o bipartito se reuniu coas partes afectadas para informarlles da decisión. Dous meses despois as respostas do bipartito local son, en palabras dos populares melidenses, “unha auténtica tomadura de pelo, non ao PP, senón á veciñanza de Melide á que representamos todos: non existe ningún plan de

emerxencia nin informe técnico en base ao cal se tomou a decisión do bipartito de limitar os acceso á zona vella máis que referencias vagas ás recomendacións de DX de Patrimonio Cultural que AM-PSOE collen cando lles interesa e suprimen cando non. Recomendacións en base as cales todo o casco urbano de Melide tería que ser peatonalizado xa que está bañado polo Camiño Francés e o Camiño Primitivo", subliñan os populares melidenses


Ademais, recalcan que as respostas do bipartito AM-PSOE "non clarifica a duración da medida, sobre a cal tamén foron preguntandos o que fai pensar que a súa duración obedecerá unha vez máis aos caprichos do goberno bipartito". Dende a formación azul anuncian ademais que ante a falta de concreción das respostas ás preguntas de control preguntadas están a estudar medidas legais "debido á falta de transparencia á que están obrigados as administracións públicas", avanzan.

Autor: Ecos da Comarca.

206 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes