O PP de Melide alerta da "perigosidade das pistas do municipio" e urxe actuacións inmediatas
- ecosdacomarca

- 13 jul 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O Partido Popular de Melide denuncia "o estado lamentable no que se atopan moitas pistas do municipio, con socavóns de grandes dimensións que supoñen un risco evidente para a seguridade viaria".

A situación, apunta, "chegou a tal punto que, como pode verse nunha imaxe tomada onte
mesmo (polo venres), nunha das estradas tivo que colocarse un cono xusto no medio da
calzada para advertir da presenza dun bache de gran profundidade. É unha mostra máis do abandono ao que ten sometido o tripartito as infraestruturas básicas de Melide”, lamentan os populares.
Publicidade
Desde o PP de Melide urxen ao alcalde e ao seu goberno a actuar de inmediato e a dar explicacións públicas sobre o destino dos cartos municipais. “É inadmisible que, tras unha suba desmesurada dos impostos, a situación das pistas sexa cada vez máis dramática. Os veciños pagan máis, pero reciben menos”, critican.
Ademais, os populares advirten que esta non é unha situación illada. “Hai zonas nas que o acceso para ambulancias e vehículos de emerxencia vese seriamente dificultado polo estado das vías. Estamos falando dun problema de seguridade e saúde pública”.
Publicidade
O Partido Popular de Melide esixirá explicacións no próximo pleno e reclamará unha planificación urxente de reparacións e mantemento viario que garanta a seguridade e a mobilidade de todos os veciños do municipio.








Comentarios