top of page

O PP de Melide alerta da "perigosidade" da pista de acceso a San Salvador debido a un socavón

"Trátase dun punto quilométrico no que un camión sufriu un accidente o pasado decembro onde non hai puntos de luz e que segue na mesma situación dende hai semanas", lamenta


Ecos da Comarca/Melide

O grupo municipal do PP de Melide advirte da " perigosidade que supón un socavón na pista que accede á parroquia de San Salvador nas proximidades do lugar de Compostela, Melide, un punto quilométrico no que un camión sufriu un accidente o pasado mes de decembro onde non hai puntos de luz e que segue na mesma situación dende hai semanas, coa conseguinte perigosidade tanto para viandantes como para condutores”.


Os populares lamentan “o desleixo polo mantemento é evidente cada vez que das unha volta pola vila; beirarrúas desconchadas, suciedade, falta de mantemento, rúas sen alumeado público durante días, desleixo que se fai máis evidente nas parroquias do rural como é o caso”.

O tramo perigoso do que alerta o PP de Melide.
O tramo perigoso do que alerta o PP de Melide.

Ante isto, o PP solicita do tripartito municipal que "se poña a traballar na xestión do día e deixe de intercambiar actas de concelleiros e salarios como se o Concello de Melide, o Concello de todos, fóse un taboleiro de monopoli", sinala a portavoz municipal, Dalia García.


García e o seu grupo indican que "hai semanas que os veciños e veciñas de San Salvador e todos os usuarios desta vía de comunicación sofren un grao máis de inseguridade toda vez que o pasado decembro un camión gandeiro envorcou neste punto provocando un socavón moi perigoso nesta curva de acceso ao lugar de Compostela, lugar de paso para acceder igualmente a parroquia de San Salvador, sen que o Concello actuase inmediatamente, actuación que tardou días e que a pesar da perigosidade, so instalou unhas “imples barras de ferro que non se ven cando cae a noite”.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, sinalan que se trata “dunha pista rural, onde o trasego de camións do leite, camións de transporte porcino pola proximidade de granxas, e é unha pista de acceso ao veciño concello de Toques ademais de roteiro do Camiño de Santiago, variante Primitivo, leva semanas deixada sen que ninguén faga nada co conseguinte risco que conleva; isto é unha mostra máis de que a xestión diaria lle queda grande a un goberno máis preocupado por intercambiar soldos e subsistir no cargo que polos intereses de Melide”, subliña García.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page