top of page

O PP de Melide advirte "unha vez máis de graves incumprimentos económico-financeiros do bipartito"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide vén de analizar a información que dende o departamento de Intervención municipal vén de dar conta o bipartito melidense. Entre as principais conclusións que extraen os populares "é que constan ao menos 26 informes de facturas informadas

desfavorablemente onde se atopan anomalías –entre outras- en canto aos contratos menores", segundo como aseguran os populares.

Sobre desta cuestión a portavoz popular, Dalia García, considera que“quixeron confundir a proveedores, empresarios e mesmo veciños e veciñas no ano 2019 negándose a pagar as facturas que o PP deixara recoñecida e agora, levan tres anos, contratando recorrentemente cos mesmos proveedores, sobrepasando os contratos menores en contía e en duración, non regularizando moitos dos contratos que lle recriminaban ao PP,...etc., cuestións que a nosa formación sempre denunciou, pero que, agora, a Intervención Municipal recolle nas conclusións dos seus informes que pouco a pouco iremos facendo públicos”.


“Nulo cumprimento do Plan de control interno”

O PP de Melide tamén estuda as medidas a tomar ante as decisións en materia económico-financiera do bipartito Pérez-Prado. Preocupa os populares "que o alcalde, J.M. Pérez se escude continuamente no cumprimento dun plan de acción realizado no ano 2020 que suspenderon de inmediato e que no que agora se escudan para seguir cometendo irregularidades".

Preme na imaxe se quere contactar connosco

Literalmente, recalca, o informe de Intervención Municipal referido ao grao de cumprimento deste plan na anualidade 2022 emite a seguinte conclusión: “En primeiro lugar, é preciso sinalar que do informe emitido pola intervención municipal deref.:236M/2022, do 4 de xullo de 2022, que leva por asunto: “Informe resumo anual sobre control interno: exercicio 2021” despréndese novamente, ao igual que no exercicio anterior, o baixo grado de cumprimento das medidas adoptadas no Plan de acción de 2021, polo que se recomenda encarecidamente por parte desta Intervención Municipal a aplicación efectiva das medidas propostas nos correspondentes Plans de Acción que se elaboren a tales efectos”.


Así mesmo, García reitera que "unha vez máis o PP constata a nula xestión levada a cabo polo bipartito AM-PSOE: menos servizos, máis impostos e taxas nunha situación económica moi delicada para a poboación en xeral pero da que Melide, desgraciadamente non é alleo".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page