O PP de Melide advirte de novo "da mala execución da Rúa de San Pedro"
- ecosdacomarca
- 30 oct 2022
- 2 Min. de lectura
Asegura que "o proxecto contempla a reposición da rede separativa e o saneamento nas súas partidas non está sendo executado adecuadamente"
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide asegura que ten evidencias gráficas de que a Rúa de San Pedro "cuxo proxecto contempla a reposición da rede separativa e o saneamento nas súas partidas non está sendo executado adecuadamente".

“Xa denunciamos a mala planificación na execución, a necesidade de indemnizar aos comerciantes polo obrigado peche das súas portas, pero o máis grave é que analizando o proxecto e inspeccionando a rúa sabemos que se mantén o saneamento antigo cando hai unha partida que o contempla. A priori os enganches que se fixeron nas arquetas parece que cumpren coa normativa pero se analizas as fotografías e os zunchos realizados daste conta que se mantén o tubo de saneamento antigo cun caudal moito inferior ao que debe ter unha rúa rehabilitada e tan so proceden a empatar os tubos de saneamento que rompen con espuma; de aí a présa de tapar todo con formigón sen sequera contemplar mallazo de ferro para que non se produzan afundamentos na propia rúa", sinala a portavoz do PP de Melide, Dalia García.
Dende o grupo municipal popular rematan de rexistrar unha solicitude onde piden un informe detallado sobre a execución das partidas de obra segundo proxecto así como probas gráficas dos saneamento xa que a xuízo do PP de Melide non pode consentirse que “se engane aos veciños e veciñas de Melide levantando unha rúa e deixando o fundamental sen arranxar”.

Dende a formación popular tamén sinalan que "a falta absoluta de planificación na regulamentación do tráfico rodado ás vivendas, así como ao cemiterio municipal que estes días está especialmente concorrido é unha materia pendente do “desastre de xestión” que estamos a vivir en Melide".
NOTICIA RELACIONADA:
Comments