top of page

O PP de Melide acusa ao bipartito de condenar o Campo Grande a un “bloqueo" de acceso ás casas

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide recibiu queixas, tal e como indica, dos veciños da rúa Camiño Real e do Campo Grande en xeral, dado que están empantanados nos accesos as súas vivendas. "Estes veciños, cansos de chamar ao Concello recorren á nosa formación para informarse xa que a resposta do bipartito AM- PSOE é o máis absoluto silencio. Un concello que continúa de vacacións e non escoita os melidenses”, recalca.


Apunta que a situación na rúa Camiño Real e arredores imposibilita o normal discorrer do tráfico rodado cara esa zona de Melide. "E os afectados non só son os veciños e veciñas que residen na mesma senón que imposibilita un tránsito normal cara servizos públicos como o CEIP Mestre Pastor Barral ou o propio centro de saúde".


Ademais, sinala que "hai semanas que se rematou a obra, unha obra que quedou

orzamentada e proxectada con todos os permisos pola anterior Corporación 2015/2019. O retraso na súa apertura e posta en funcionamento é unha mostra máis de que o bipartito paraliza a xestión pública da nosa vila". Así mesmo, recorda que esta situación xa se produciu coa rúa Mestre Segade Bugueiro. "Só se puxo en funcionamento unha vez que o PP denunciou a situación".


Tamén apunta que o trastorno aos accesos domiciliarios únese o da reorganización do

tráfico neste punto de Melide moi próximo a unha área comercial que implicou cambios de sentidos nas rúas onde unha vez máis, "o goberno bipartito AM-PSOE fixo “mutis polo foro” ás demandas veciñais", A portavoz melidense, Dalia García, subliña “nunca antes Melide sufrira un goberno como o actual. Esiximos que se conte coa veciñanza para cambios transcendentais nas rúas. É fundamental o consenso. A inactividade do bipartito melidense non ten fronteiras, rúas rematadas pechadas ao tráfico froito do traballo da anterior Corporación que, dous anos despois, nin son capaces de poñer andar”.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page