top of page

"O PP de Lalín quere evitar as declaracións de impacto da colocación de renovables na rede natura"

Os sociaistas de Lalín lamentan "o cinismo" dos populares deste municipio, "pois saben que se trata dun regulamento de emerxencia da UE suavizado polo Goberno español"


Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas lalinenses lamentan "o dobre xogo, o cinismo ou descoñecemento total de José Crespo ante o Decreto de Renovables polo que se poden declarar algúns proxectos de enerxías renovables como “proxectos de interese público superior”, en aplicación do Regulamento de Urxencia do Consello da UE (Regulamento (UE) 2022/2577 do Consello

de 22 de decembro de 2022 polo que se establece un marco para acelerar o despegue das enerxías renovables https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=DOUE-L-2022-81968 ) de

obrigado cumprimento para os Estados Membros, polo que España non pode saltarse o que estipulan as normas comunitarias".


Unhas normas, explican, defendidas pola Comisión Europea e polo Partido Popular Europeo dentro do Plan RePower EU e nas que a posición de España foi moi crítica, concretamente contra a suavización de trámites ambientais en zonas protexidas (https://www.infolibre.es/medioambiente/espana-exigira-bruselas-blindar-parajes-red-natura-impacto-construccion-renovables_1_1383996.html ).

"Cómpre incidir en que había estados que pretendían a aceleración de proxectos e a suavización das Directivas de Augas, Hábitats e Aves, incluso en Rede Natura 2000, algo ao que España se opuxo expresamente e que ao final salvagardouse. En calquera caso, España optou por unha aplicación suave dunhas normas comunitarias que, de seguirse as teses do PP, serían aínda máis duras, dado que o PP defendeu no Parlamento enmendas para acelerar prazos e retirar protección ambiental en Rede Natura 2000 (ver art 22 do RD Real Decreto-ley 20/2022, de 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a

outras situacións de vulnerabilidade https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/28/pdfs/BOE-A-2022-22685.pdf" )".


O Regulamento de Urxencia aprobado, indica, ten unha vixencia de 18 meses e só habilita novos proxectos que se presenten, "polo que o parque eólico que menciona o PP nos Porcallos estaría descartado que puidera optar a esta tramitación “pero o PP nin le nin entende, só confunde", acusan os socialistas.


Dende o PSdeG-PSOE local sinalan que "tanto o PP europeo, como os seus representantes españois, e concretamente o eurodeputado galego do PP, votaron por estender a Directiva de Renovables -actualmente en negociación- ata mediados de século do réxime máis laxo de protección ambiental, algo que os socialistas trataron de limitar no tempo". Ademais, segundo apuntan os socialistas, “o PP votou no Parlamento Europeo en contra de que se melloraran os principios de participación cidadá na autorización de renovables, pero por sorte perderon, porque se atoparon co voto favorable dos socialistas para salvagardar os dereitos da cidadanía”. Algo que, segundo os socialistas, coincide coas políticas do PP de Lalín, “que evitou a exposición pública de proxectos eólicos, algo que xa criticamos cando foi denunciado por Roteiros de Lalín.

Deste xeito, os socialistas de Lalín pídenlle ao Goberno de Crespo “que se documente, que saiba o que vota o seu partido en determinadas instancias porque, polo que se ve, descoñecen a postura do PP tanto en Europa, como en Galicia e en España e non vale a escusa de que Feijóo non sabe inglés e que puidera non entender o voto que autorizou contra dos intereses da cidadanía en Galicia e en España”. (Aquí pódense consultar os votos da Directiva de Renovables sobre estes asuntos no Parlamento europeo: https://praza.gal/politica/enerxias-renovables-si-pero-como-asi-esta-o-debate-en-europa-e-asi-votan-os-eurodeputados-galegos ).


Desde o PSdeG-PSOE lalinense lamentan que Crespo e o seu equipo “toquen de oídas e non se decaten de que é o seu partido quen está defendendo as posicións que eles mesmos denuncian, incluso dun modo moito máis radical pois queren pasar por riba dos cidadáns e dos espazos protexidos”




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page