top of page

"O PP de Lalín presume de estabilidade mentres afoga á veciñanza con máis impostos, menos investimentos e máis débeda"

A socialista Alba Forno sinala que os lalinenses "pagaron un millón e medio máis de impostos en 2024, pero non viron mellorado ningún servizo”


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, critica a valoración triunfalista do goberno municipal do PP sobre a liquidación do orzamento de 2024, que cualificou como “engano aos cidadáns, porque lonxe da estabilidade da que presumen, revela unha realidade ben distinta: máis impostos, incapacidade para executar o orzamento e unha débeda millonaria que non deixa marxe para a acción”.

Forno critica que a concelleira Paz Pérez teña a desfachatez de presumir dunha boa xestión económica “que só existe na cabeza do PP, pero careza da valentía necesaria para dicirlle aos veciños que están pagando case un millón e medio de euros máis en impostos”. Así, indicou que a liquidación deixa claro que o incremento de ingresos se debe, en boa parte, ao “sablazo fiscal dun goberno que lle subiu o IBI ás familias un 25%

e que fai que paguemos tanto en Lalín como na Castellana”.


Así, sinala que o Concello recadou 3.962.249,67 euros polo IBI urbano, case 800.000 euros máis que no ano anterior. Ademais, ingresou 407.420,26 euros polo recuperación do imposto de construcións (ICIO) e 26.420,94 euros pola “inxusta” plusvalía, reactivada en

2024 polo PP tras eliminala o goberno de coalición. “É unha tomadura de pelo que o senador Crespo pida en Madrid que Pedro Sánchez lle baixe os impostos ás grandes

fortunas mentres en Lalín llos sobe un 25% ás familias máis humildes”, afirmou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A concelleira tamén denunciou a incapacidade para investir do goberno do PP, que deixou máis de 7 millóns do orzamento de 2024 sen executar. Sinalou que a pesar do incremento de ingresos, o goberno local non foi capaz de executar 7,2 millóns de euros do orzamento, un 26 % dos recursos non financeiros. “Mentres cobran máis aos veciños, deixan sen gastar unha cuarta parte do orzamento, o que demostra a súa ineficacia xestora”, afirma Forno. Forno lembrou que durante os anos do PP na oposición a Crespo lle parecía inaceptable que non se executase 2,5 millóns e agora deixa máis de 7 sen gastar mentres as principais necesidades da xente seguen sen cubrir. “É a lei do embudo, o ancho para min e o estreito para os demais”, incidiu.


En terceiro lugar, Forno revelou que a débeda se disparou a case 10 millóns “que hipotecan o futuro de Lalín por mor dos caprichos faraónicos do alcalde como a gran praza”. A débeda viva do Concello “é a máis alta de toda a provincia e cada lalinense debe 500 euros, cando en 2019 non debía nada”. A concelleira explicou que, ademais, o

remanente de tesouraría só pode usarse para pagar débeda, non para novos investimentos e indicou que “só grazas aos ingresos do Estado e ás subidas de impostos

puideron pechar o ano sen ter que aprobar un plan económico-financeiro- para rescatar o

concello da quebra económica”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A voceira socialista insistiu en que moitos dos recursos que salvan a situación proceden do Goberno de España, como a liquidación positiva dos tributos do Estado de 2022 por valor de máis de un millón de euros, ou os fondos europeos e estatais vinculados aos proxectos DUSI e IDAE. Recordou, así mesmo, que o pasado ano o PP perdeu unha axuda de 1,2 millóns de euros do Goberno para arranxar a praza de abastos pola que se están pagando uns intereses de 66.000 euros e outra de 400.000 dirixidos a conciliación do Plan Corresponsables, transferidos polo Goberno á Xunta.


Por último, criticou que o escandaloso gasto de 500.000 euros anuais en salarios de concelleiros e asesores do goberno, considerando que é unha cifra escandalosa, impropia

do que merece este goberno, incapaz de mellorar os servizos públicos”, explica a voceira

socialista. “O goberno local vende unha imaxe de éxito baseada en titulares, pero a realidade é que os veciños pagan máis, reciben menos e o Concello segue atrapado pola débeda e a ineficacia”, concluíu a voceira socialista na súa análise.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page