O PP de Cruces sinala que "grazas a súa insistencia" iniciouse a reparación do vial da Balsiña en Toiriz
- ecosdacomarca
- 8 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces sinala "que grazas á súa constante insistencia ao goberno municipal, mediante a presentación de mocións nos plenos e notas de prensa, logrouse dar inicio á reparación do vial da Balsiña na parroquia de Toiriz".

"Durante moito tempo, os veciños da parroquia de Toiriz e concretamente a propietaria do establecemento de turismo rural “O muiño da Balsiña”, manifestaron a súa preocupación polo estado deteriorado do vial da Balsiña que ademais influíu negativamente nas reseñas deste establecemento. Conscientes desta situación e escoitando as demandas veciñais, o Partido Popular de vila de Cruces traballou incansablemente para que este problema fora abordado e solucionado polo goberno municipal", recalcan os populares.
Publicidade
A presentación sistemática e perseverante de mocións nos plenos municipais, apuntan, así
como as notas de prensa emitidas polo Partido Popular de vila de Cruces "permitiron visibilizar a importancia urxente que tiña a reparación deste vial. Isto levou finalmente a que o goberno municipal tomara medidas concretas para atender esta problemática".
Publicidade
"O inicio tan esperado, despois dun ano de espera, por parte do goberno municipal para reparar o vial representa unha satisfacción non só para o noso partido político, senón tamén para todos os residentes e usuarios habituais do tramo afectado. Esta reparación contribuirá significativamente a mellorar a calidade e seguridade viaria do noso Concello. Esperamos ademais que despois do longo período de espera, satisfagan outra das peticións da propietaria da Casa Rural colocando sinais indicadoras deste establecemento", conclúe o PP.
تعليقات