O PP de Cruces sinala que "está profundamente preocupado pola licitación do contrato do SAF"
- ecosdacomarca
- 26 may 2024
- 3 Min. de lectura
Agradece á Deputación de Pontevedra os investimentos concretados para este municipio
Ecos da Comarca/A Ulloa
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces móstrase profundamente
"preocupado pola xestión do actual goberno municipal en relación ao servizo de axuda no fogar SAF. Consideramos que é hora de que deixen atrás o vivir a conta do pasado e traballar para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños". "Recordámoslle a Sra. Concelleira de Servizos Sociais, que o día 15 de abril de 2024 convocou aos grupos da oposición municipais a unha reunión, novamente “de postureo”, para entre todos aportar novas ideas e propostas para a redacción dos pregos do novo contrato SAF".
"Para a nosa sorpresa ou non", indica, "dita reunión non serviu para nada, xa que todas as
propostas dese día debían ir ás comisións informativas para seguir debaténdoas co obxectivo de melloralas ata chegar a un consenso e ser aprobadas en Pleno. Pero non foi así, decidiron pola súa conta aprobalo en xunta de goberno local, sen ter en conta a aportacións dos demais grupos políticos, o que demostra a falla de diálogo e inclusión deste goberno actual"-

En primeiro lugar, sinala o PP, "queremos sinalar as deficiencias identificadas polo noso grupo respecto a os pregos de contratación do servizo SAF. Atopamos falta de claridade na descrición do obxecto do contrato, o cal pode xerar confusións e interpretacións erróneas. Así mesmo, observamos unha ausencia total ou insuficiente criterios específicos para avaliar a calidade técnica e experiencia dos licitadores, o que dificulta seleccionar ao mellor adxudicatario".
"Ademais, consideramos que se presenta unha escasa elaboración sobre a organización e recursos humanos necesarios para o correcto funcionamento do servizo. Outra preocupación é a falta de medidas específicas para garantir a sustentabilidade económica e financeira a longo prazo. Os pregos non inclúen mecanismos concretos para asegurar que o contratista poida cumprir coas súas obrigacións económicas durante toda a duración do contrato, poñendo así en risco a súa continuidade".
Tamén, subliñan os populares, "preocúpanos, e moito, que non se contemplen criterios ambientais ou sociais nos pregos. Cremos importante fomentar prácticas sostibles e promover accións responsables por parte do adxudicatario".
Publicidade
Ademais, indica o PP, "queremos destacar a nosa preocupación respecto ao número reducido de beneficiarios atendidos no primeiro trimestre deste ano 2024, que será a media atendida durante todo o ano, 43 usuarios. Comparándoo con anos anteriores baixo
nosa administración, 51 beneficiarios. Así mesmo, preocúpanos profundamente que case 80 persoas queden aínda en lista espera sen recibir a atención adecuada, o cal se multiplicou expoñencialmente nestes últimos cinco anos".
"Nestes anos de mal goberno, unido a que non son capaces de poñer en funcionamento o centro de día de atención a persoas dependentes, a atención social leva nun estado de abandono absoluto, digna deste noso Concello. Xuntos polo noso Concello alardea da súa aposta económica 780.161,80 €, para o servizo SAF coa complicidade do Bloque Nacionalista Galego de Vila de Cruces que di estar de parte da veciñanza, cando a realidade é que con este contrato se atenderán menos persoas que nos últimos anos de goberno do Partido Popular de Vila de Cruces, debido a súa nefasta xestión dos recursos públicos".
Doutra banda, os populares solicitan información ao goberno municipal sobre os fondos achegados por outras administracións como Xunta Galicia e Deputación Pontevedra para estes servizos relacionados con dependencia, emerxencia social e custo persoal servizos sociais municipais así como plan concertado Xunta Galicia. "Lamentablemente, a resposta que recibimos ata o momento por parte da concelleira e que lle preguntaramos á interventora, a cal, a pesar de contar con dedicación exclusiva, descoñece por completo as aportacións que fan as diferentes administracións ó Concello como a Deputación de Pontevedra ou quere ocultar ditos datos, xa que a Deputación de Pontevedra aporta para estes servizos un total de case 90.000 euros", asegura o PP.
Publicidade
Por outro lado, o PP cruceño desexa expresar publicamente o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra polo seu investimento en materia social neste municipio. "Valoramos enormemente o compromiso mostrado polo presidente provincial Luís López e o seu equipo co Concello de vila de Cruces a pesar dos menosprezos sufridos polo actual rexedor, anunciando investimentos para concello de máis de 800.000 euros. Achegaranse por parte da Deputación 262.000 euros para o asfaltado de camiños e a mellora da Travesía Vázquez, sendo estes fondos os únicos que se investiran no Concello para a mellora de infraestruturas por parte do goberno local, o que dende o grupo municipal do Partido Popular nos parecen insuficientes debido o mal estado do viario local mentres se gastan cartos en cousas innecesarias para lavar a imaxe do señor alcalde".
"Queremos agradecer tamén a luís López, que teña en consideración as peticións dos veciños de Bascuas e Merza, gracias as reclamacións do noso grupo municipal, para mellorar a seguridade viaria dos peóns na estrada que une os dous núcleos".
Comments