O PP de Cruces presenta unha moción sobre as axudas ás festas patronais e outra para aminorar a fenda dixital
- ecosdacomarca

- 27 jul 2024
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces presentará dúas mocións para o vindeiro pleno. Por un lado, unha relativa ás axudas ás festas patronais das parroquias e por outro, outra para aminorar a fenda dixital dos nenos e nenas do municipio.
O PP lembra que no ano 2023, o Concello de Vila de Cruces publicou unha convocatoria de axudas para a organización de festas patronais parroquiais, co obxectivo de apoiar ás entidades culturais e veciñais na celebración e conservación destas festividades tradicionais. Estas axudas convocadas polo actual goberno municipal fixéronse por primeira vez no Aano 2023. "Ante esta mostra de repentino interese pola celebración e
conservación das festas patronais de maior tradición e arraigo do noso municipio, ao grupo municipal do Partido Popular soamente nos podía causar satisfacción. Pero desgraciadamente, so nos quedou esperar a este ano para comprobar o gran interese mostrado na conservación das nosas festas patronais: ningún. Parece ser que este goberno ten unha ansia especial polo noso municipio soamente en ano electoral".
Pero para máis inri, o Partido Popular de Vila de Cruces sinala detectou "a aportación por parte do goberno municipal, dunha subvención encuberta para a festa da Piedade 2024 de 10.800 euros pola actuación do Grupo Pelepau po luns día 12 de agosto o que crea unha desigualdade e un agravio co resto das parroquias do municipio dado que o Concello xa paga tamén as bandas de música para dita festa".
Publicidade
Ante isto, o PP insta ao Concello de Vila de Cruces a que dé as explicacións correspondentes polas cales se lle concedeu esta axuda á parroquia de Cruces, "xerando desigualdade e un agravio co resto das parroquias do municipio" e que se estableza un sistema equitativo e transparente para a concesión periódica destas axudas ou subvencións, incluíndo o ano 2024, garantindo así que todas as parroquias teñan igualdade oportunidade para acceder a elas.
Por outro lado, os populares sinalan que a fenda dixital é un desafío persistente en áreas rurais, onde a falta de acceso a Internet por cable obstaculiza o desenvolvemento educativo e social. "A pandemia mundial acentuou esta situación, poñendo de manifesto a
necesidade urxente de garantir que todos os nenos teñan acceso equitativo e adecuado ás actividades escolares en liña. Vila de Cruces, ao ser un Concello rural, enfronta este desafío con especial relevancia. É fundamental que os nenos que viven no noso municipio teñan a mesma oportunidade que aqueles en contornas urbanas para acceder a recursos educativos vitais".

Neste senso, ao Partido Popular de Vila de Cruces cónstalle a día de hoxe que nenos e nenas de distintos lugares deste municipio, como por exemplo os lugares de Santomé de Obra ou Tuiriz, non teñen acceso a internet por cable e moito menos a un acceso de calidade de banda ancha, o que lle dificulta o seu día a día coas tarefas escolares, a pesar de que os centros educativos estean a axudar prestando conexións vía satélite que dependen moito da cobertura de cada lugar.
"É responsabilidade do Concello velar polo benestar e desenvolvemento óptimo de todos os seus cidadáns, incluíndo asegurar igualdade de oportunidades educativas para os nenos independentemente do lugar onde residan. A conectividade dixital é crucial para garantir este dereito fundamental". Por iso, o PP insta ao Concello de Vila de Cruces a que realice un estudo para identificar todas as áreas ou lugares deste municipio que carecen a día de hoxe de conexión a internet por cable e priorice o desenvolvemento e implantación dita infraestrutura a través de programas da Xunta de Galicia ou do Goberno Central e que tome as medidas inmediatas e necesarias para garantir o acceso a Internet por cable ás zonas "que carecen del no noso municipio e mellore o resto para dotalas de banda ancha, en colaboración coas autoridades competentes e operadores".







Comentarios