Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces solicita ao Goberno Local presentar publicamente, de maneira urxente a planificación detallada do mantemento das estradas e pistas de acceso das 28 parroquias de Vila de Cruces.
"O Goberno local durante a campaña electoral gastouse máis de 18.000 euros na apertura de pistas en Santomé de Obra uns días antes das eleccións municipais celebradas en maio de 2023. Os veciños de Santomé de Obra pregúntanse en que se gastaron eses 18.000, e en que lugares da parroquia executáronse. En maio xa denunciamos publicamente que durante a campaña electoral realizáronse traballos con nulo control na súa execución e con total improvisación co obxectivo de captar votos, incluso gastando diñeiro público en reparar e acondicionar pistas privadas".
Publicidade
E asegura que "recibimos decenas de queixas veciñais debido á falta de mantemento e desidia por parte do Goberno local despois das eleccións. Algúns exemplos, no tramo que une Fontao e Sabrexo os vehículos circulan con falta de visibilidade conlevando posible risco de accidentes. En Merza decenas de pistas sen realizar rozas e bacheos moi necesarios. Na parroquia de Camanzo hai pistas que mostran un total abandono e que foron reclamadas en varias ocasións por parte dos veciños. O mantemento das pistas brilla pola súa ausencia, proba é o acceso entre Piloño ata Silvares e tamén desde Silvares ata a Moa. Convén lembrar que moitas parroquias celebrarán nas próximas semanas as súas festividades e que centros sociais e campos da festa non se realizou ningún mantemento, nalgunhas parroquias xa se celebraron festividades en xuño e xullo sen limpar os seus accesos por parte do Concello".
"Comprobamos", engade que "o Sr. Alcalde xa non ten présa polo mantemento das pistas que mostrou durante a campaña electoral das municipais, proba diso é que se gastou 18.000 euros nunha soa parroquia e esqueceuse de moitas outras. É importante lembrar que temos 28 parroquias que deben ter un trato igualitario no mantemento e conservación das vías de acceso, preservando o seu acceso, seguridade e especialmente no verán cun alto risco de incendios e que non cabe lugar á improvisación".
Коментарі