Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces denuncia "o mal estado no que se atopan os parques, tanto os infantís como os biosaudables. Recibimos queixas sobre o mal estado de conservación do parque infantil, o situado á beira do campo da feira, por parte de numerosos pais que xa notificaron desde hai tempo ao Concello pero fixeron caso omiso ao respecto".

Publicidade
"Queixáronse tamén da presenza de cristais rotos no chan que non foi a primeira vez que eles mesmos tiveron que recoller para que os seus fillos poidan xogar con tranquilidade. Tamén recibimos queixas en relación ao parque infantil próximo á Residencia de Maiores de Vila de Cruces. É lamentable como uns pais relatáronnos que persoalmente tiveron que facer eles mantemento para axustar unha serie de columpios para que os seus fillos non caesen ou axustar algunha táboa que estaba inestable. Preservar e asegurar a seguridade dun parque infantil é requisito indispensable para que poida estar aberto ao público e que todos os usuarios poidan gozar con total tranquilidade", recalca o PP.
Publicidade
Ademais, sinala que "queremos elevar publicamente estas queixas e dar voz a todos os pais co obxectivo de que o equipo de Goberno asuma a súa responsabilidade e inicie os trámites necesarios para solucionar este asunto e que destine unha partida económica para a compra dun novo parque infantil nas inmediacións do campo da feira de Vila de Cruces e os parques biosaudables na zona da Residencia de Maiores e o da Área Recreativa da Carixa; este último totalmente inutilizado polos danos que ten".
Comments