top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Cruces afirma que o goberno de Xuntos costará "medio millón de euros"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces solicita ao Goberno Local que "non continúe faltando á verdade sobre a situación financeira do Concello en relación ao seu comunicado do pasado 24 de xuño. Desde o noso Grupo Municipal opoñémonos a falar de dedicacións exclusivas e manter a asesores externos cando a situación financeira non está aclarada".

O Goberno actual, sinala, "pretende presentar este luns a aprobación para dispoñer de tres dedicacións exclusivas cun salario bruto por valor de 1.600 euros mensuais en 14 pagas, sendo as tres mencionadas dedicacións un custo total de 67.200 euros anualmente. Durante o próximos catro anos ascendería a un total de 268,800 euros, sen incluír nesta cantidade as cotas da Seguridade Social. Pretenden propoñer unha dedicación exclusiva para Cultura, cando contrataron un servizo de “dinamización da cultura” que estamos a pagar todos os veciños todos os meses por importe de 785,50 euros en 12 pagas, un total de custo ao ano 9.426, en catro anos ascendería a máis de 37.000 euros. Non entendemos que cunha dedicación exclusiva á súa vez continúense contratando de maneira externa a outras empressa, unha da partes non está a facer ben o seu traballo e sen resultados nin obxectivos marcados ata o momento, francamente un despropósito organizativo e un malgasto de diñeiro público".

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O omnipresente asesor persoal do Sr. Taboada, recalca, "que levamos pagando varios anos os vecin@s de Vila de Cruces, está a percibir 1.500€ mensuais en 12 pagas, sendo un total de 18.000€ anuais e nos próximos 4 anos por importe de 72.000€. A súa función unicamente foi defender os intereses de comunicación de Xuntos Polo Concello e transmitir unha mensaxe de defensa para o Sr. Taboada como xestor, transmitindo unha mensaxe falsa e faltando sempre á verdade dos feitos. Non podemos permitir un día máis tendo en nómina a este asesor que está a utilizar máis de tres empresas distintas para facturas, levámolo informando moito tempo desde o noso Grupo Municipal". Adicionalmente a este asesor, apuntan os populares, "que traballa unicamente para o rédito persoal do Sr. Taboada , o vindeiro luns o Goberno actual quere aprobar no pleno establecer unha praza de “auxiliar de Alcaldía” que non figura nos orzamentos do 2019 e que, por tanto, non está planificada financeiramente, e que o custe laboral do auxiliar de Alcaldía é de 25.000€/anuales, seendo durante 4 años un total de 100.000€. Outra duplicidade de posicións co único interese de contentar ao seu séquito para os seus propios beneficios persoais".

Preme na imaxe para contactar connosco.

Como Grupo político, resalta, "esíxesenos controlar de maneira férrea ao Goberno e, por tanto, non podemos permitir que enganen aos nosos vecin@s con contabilidades que non reflicten a situación real do noso Concello nin tampouco aprobar dedicacións exclusivas que non foron previamente detalladas en canto á súa planificación e os obxectivos que deberán asumir ditas concelleiros e solicitamos unha confirmación oficial de maneira clara e rotunda que se terminará a duplicidade de postos de traballo mediante a contratación de empresas externas. En definitiva, o Goberno que pretende Xuntos Polo NosoConcello terá un custo, se non o paramos, de máis de 120.000€ ao ano e en catro anos supoñerá en persoal do Sr. Taboada máis de medio millón de euros".


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page