top of page

O PP de Cruces acusa ao goberno de "incumprir de xeito reiterado a lei de contratos públicos"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O grupo municipal do Partido Municipal de Vila de Cruces quere manifestar "a súa máis enérxica protesta e rexeitamento ante os constantes incumprimentos da Lei de Contratos do Sector Público por parte do Goberno Municipal do Concello de Vila de Cruces". En repetidas ocasións, sinalan que "constatamos a recepción de obras que non cumpren cos requisitos necesarios para o seu correcto funcionamento, caso da depuradora do Camballón ou do ascensor do Auditoriode Gres, ambas financiadas con fondos da Consellería de Industria e Cultura, que se recepcionaron os días 15 e o 30 de novembro do ano 2023 respectivamente, e a día de hoxe seguen sen estar dispostas para a súa axeitada utilización. Estase a implicar tanto aos técnicos como funcionarios municipais, certificando obras sen rematar, o que pode ser incluso un delito de falsidade documental".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Estas, apunta o PP, "accións irresponsables por parte do Goberno de Xuntos son inaceptables e intolerables. A Lei de Contratos do Sector Público existe precisamente para garantir unha xestión transparente, eficiente e xusta na contratación pública, e é preocupante ver como o Concello fai caso omiso ás súas obrigacións legais. Recibir obras que non están aptas para o seu funcionamento supón un grave prexuízo tanto para os veciños como para as arcas municipais. Ademais, pon en dúbida a integridade e seriedade dun Goberno Municipal, xerando desconfianza entre a veciñanza".

Lembra que no último pleno celebrado o pasado venres 26 de xullo de 2024, ante a esixencia de explicacións por parte do Grupo do Partido Popular "ante estas irregularidades, so se puido obter unha resposta insuficiente do Señor Luís Taboada con respecto o ascensor de Gres: “os elementos están todos alí”".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Instamos o Concello de Vila de Cruces a cesar inmediatamente esta práctica ilegal e asumir a responsabilidade correspondente polos seus actos. Esiximos transparencia na xestión pública e respecto cara ás leis que rexen o noso sistema democrático. Ademais, instamos tamén á Xunta de Galicia a ter un control máis rigoroso das axudas ou subvencións que se concedan ao Concello de Vila de Cruces debido ás prácticas irregulares que se están a levar a cabo no noso municipio para xustificalas. Desde o grupo municipal do Partido Popular, comprometémonos a seguir traballando incansablemente en defensa dos principios éticos e legais que deben rexer calquera administración pública".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page