top of page

O PP de Arzúa critica "a inacción do alcalde ante a baixada de poboación mentres impide a localización de empresas na comarca"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"O goberno tripartito dedicou cero minutos e cero euros a atraer poboación e empresas, mentres dedica tempo e recursos públicos a proxectos industrias coma Altri e a Mina de Touro-O Pino", sinala


Ecos da Comarca/Arzúa

O Partido Popular de Arzúa, no seu papel de oposición, expresa "a súa profunda preocupación pola continua baixada do censo de poboación no noso municipio. O pasado ano pechou a cifra en 5.887 habitantes, segundo cifras publicadas recentemente polo INE, baixando en 14 habitantes con respecto a de 2023. Cifra que chega a 441 os habitantes perdidos dende o inicio do mandato de José Luis García, anterior alcalde (2011-2023) e actual tenente de Alcalde".

O PP considera que "a falta dun plan estratéxico por parte do alcalde, Xoán Xesús Carril, e do goberno tripartito para atraer poboación e empresas está a levar ao noso concello a unha situación crítica. O alcalde demostra unha alarmante falta de visión e liderado do seu grupo ao non implementar medidas esenciais como a ampliación do solo industrial e a modificación do plan xeral de ordenación municipal, competencia do BNG. Estas accións son fundamentais para reverter a perda de poboación e fomentar o crecemento económico".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, lembra que o Partido Popular xa ten demandado do goberno local a alta do concello de Arzúa na figura de “Concello Emprendedor”, "que permitiría incentivos a empresas e emprendedores, así como a creación dun espazo para emprendedores, preferentemente en solo industrial". Para Rafael Rivadulla, voceiro popular, “é moi grave o feito de que o alcalde e resto do tripartito dediquen tempo e recursos públicos a loitar contra proxectos industriais que atraerían poboación e empresas como son Altri Greenfiber e a Mina de Touro-O Pino”. Engade que “este tripartito dedicou cero minutos e cero euros en accións para atraer poboación e empresas ao noso concello, mentres segue perdendo poboación, é dicir, cero compromiso co desenvolvemento e benestar de Arzúa”.


O Partido Popular de Arzúa insta ó alcalde "a reconsiderar as súas prioridades e a traballar nun plan estratéxico integral que inclúa a atracción de novas empresas, a ampliación do chan industrial e a modificación do plan de ordenación municipal que facilite novas obras. Obras que, lamentablemente, están a esperar mesmo 3 ou 4 anos deste concello para a súa aprobación".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page