top of page

O PP de Antas de Ulla presenta a un equipo “para seguir gobernando en favor dos nosos veciños”

A lista confórmana 15 persoas "con experiencia para seguir respondendo ás necesidades dos veciños do municipio"


Laura Moure/Antas de Ulla

O Partido Popular de Antas de Ulla presenta a candidatura coa que concorrerá nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. O actual alcalde, Javier Varela, destaca que a lista confórmana “un equipo de persoas preparado para seguir gobernando en favor dos nosos veciños, con experiencia e formación en distintos eidos de relevancia para nós”.


A lista, que está composta por 15 persoas, ten unha representación de distintos eidos con relevancia para o municipio e experiencia na xestión de recursos. “Queremos aspirar a revalidar a Alcaldía e seguir traballando por e para Antas de Ulla e dar resposta ás necesidades da xente como xa fixemos durante todos estes anos e especialmente na pandemia”, di Varela.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, co seu proxecto político Varela pretende seguir impulsando proxectos de calado para o municipio da man da Xunta de Galicia como é a reforma da residencia e a construción do novo centro de saúde.

ree

Lista Completa

1 Javier Varela Pérez

2 José Robustiano Taboada Frías

3 José Luis García Cabanas

4 Luis Alberto Galego Carnero

5 Armando Cagide González

6 Santiago Sarandeses Vila

7 María Guerra Portomeñen

8 Ernesto Val Vázquez

9 Luis Ouro García


Suplentes

10 Alicia González Rodríguez;

11 José Ángel López Otero

12 José Antonio Almuíña Seoane

13 José Luis Lamazares García

14 José Manuel Seijas Pérez

15 Gonzalo Gabino Sánchez Vilariño

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page