O PP de Agolada propón un servizo para asesorar sobre as axudas aos afectados polos incendios
- ecosdacomarca

- 1 sept
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O Partido Popular de Agolada ven de dar a coñecer que no vindeiro pleno do Concello de Agolada plantexará unha moción de carácter construtivo a modo de Plan de apoio e recuperación das áreas afectadas polos lumes principalmente as parroquias de O Sexo, Agra, A Baíña e Berredo.

Os populares plantexaran varias liñas de actuación entre as que destacarán as seguintes:
1.- Proporan ao alcalde, Luis Calvo, que habilite un servizo de información, apoio e ç asesoramento para os afectados polos incendios para facilitarlle os trámites que lle permitan acceder as axudas que esta poñendo en marcha a Xunta de Galicia. Estas axudas destinadas as vítimas dos lumes estarán dispoñibles dende o luns e os populares recordan que as haberá para vivendas danadas, explotacións agrarias ou gandeiras perxudicadas, negocios asentados nas áreas queimadas e mesmo para o propio ente municipal. A voceira dos populares Carmen Seijas ve vital que o Concello facilite esta labor. "Non poderiamos perdoarnos que calquera veciño que veña de sufrir esta desgracia non acceda as axudas que lle corresponden por un mal asesoramento". Seijas cre que hai xente entre os propios funcionarios que “ben poderían facer esta labor e sen custe algún, pero si houbera que facer unha contratación externa estaría mellor xustificada que outros desvaríos vistos ata agora”.
A voceira popular insta dende xa ao alcalde a poñer isto en marcha. "Que non espere pola moción, sabemos que a Xunta o vai convocar como a outros alcaldes para explicarlle cal é a situación e cales son as axudas, esperamos que estea a altura, e facilite a tramitación a veciñanza”.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
2.- Os populares tamén engadirán outras medidas a moción tales como un plan de axuda a reforestación do monte queimado. Poñen como exemplo o programa de “50.000 árbores máis”, do veciño concello de Lalín. “ Se ben o de Lalín e pagando parte os veciños e principalmente con frutais, proporemos un reparto maiormente gratuito de frondosas autóctonas a propietarios do monte nas áreas queimadas como medida de reforestación co fin de recuperar as áreas dende o punto de vista ambiental".
3.- Seijas tamén pretende incorporar ao Plan "charlas e talleres informativos" para promover as explotacións gandeiras en extensivo. "Cremos que esta información pode animar a dar o paso cara a un modelo produtivo que hoxe por hoxe é e pode ser rentable en clave económica, algo vital para apostar por este nicho de negocio, e o tempo trátase dunha actividade resiliente aos incendios”.
Publicidade
Os populares tamén fan fincapé na súa aposta porque na zona se acaben decretando as concentracións parcelarias "que recentemente tiveron o visto bo a súa viabilidade logo do preceptivo e vinculante estudo de incitación" e indican que seguirán traballando para ter en breve boas novas acerca do inicio das mesmas.








Comentarios