top of page

O PP de Agolada pide un pleno extraordinario para planificar as obras financiadas pola Deputación

Carmen Seijas critica "a nula implicación do Concello de Agolada ao non asistir o alcalde

á reunión convocada na Deputación para presentar estes fondos"


Ecos da Comarca/Agolada

O Grupo Municipal do Partido Popular de Agolada vén de rexistrar a solicitude de celebración dun pleno extraordinario co obxectivo de abordar de maneira urxente a planificación das actuacións necesarias para a reparación das infraestruturas municipais danadas tras os últimos temporais.

Reunión do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, cos alcaldes e alcaldesas da provincia este luns para presentar as axudas para a arranxar as estradas municipais danadas polos temporais.
Reunión do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, cos alcaldes e alcaldesas da provincia este luns para presentar as axudas para a arranxar as estradas municipais danadas polos temporais.

Esta iniciativa responde á oportunidade que supón a nova liña de axudas impulsada pola

Deputación de Pontevedra, que destinará preto de 200.000 euros ao Concello de Agolada para a mellora de vías e accesos en distintas parroquias. Dende o PP insisten en que se trata dunha contía “moi importante” que debe ser xestionada con rigor, planificación e criterios de eficiencia para dar resposta real ás necesidades da veciñanza.


Os populares subliñan que moitas das pistas municipais xa presentaban un estado deficiente antes dos temporais, situación que se viu agravada nos últimos meses, dificultando a mobilidade e comprometendo a seguridade no rural. Por iso, consideran imprescindible priorizar axeitadamente as actuacións e estruturar de maneira técnica e ordenada as obras a executar.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Así mesmo, dende o grupo municipal recalcan que estas actuacións "non se poderían levar a cabo sen a financiación da Deputación de Pontevedra, presidida polo dezano Luis López, xa que a situación económica do Concello de Agolada non permitiría afrontar un investimento desta envergadura con recursos propios".


Dende o grupo municipal lamentan, ademais, a “absoluta falta de implicación” do actual

Goberno local, que nin sequera asistiu á recente reunión de alcaldes na que se ía explicar o funcionamento desta liña de subvencións. “É unha mostra clara de deixadez e falta de interese por aproveitar os recursos que chegan ao noso municipio”, sinalan.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A portavoz popular, Carmen Seijas, destaca que “esta é unha oportunidade que Agolada non debe desaproveitar. Estamos ante un investimento clave que pode mellorar significativamente as nosas infraestruturas, pero para iso é fundamental actuar con responsabilidade, planificación e a máxima eficiencia”.


O Partido Popular de Agolada insiste en que a súa proposta busca garantir que os fondos se destinen ás zonas máis necesitadas e que as obras se executen con criterios obxectivos, asegurando o maior impacto positivo posible para o conxunto do municipio. "Con esta solicitude de pleno extraordinario, os populares reafirman o seu compromiso coa

veciñanza e a súa vontade de impulsar solucións eficaces ante unha situación que consideran prioritaria", sinalan.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page