top of page

O PP de Agolada pídelle ao alcalde que "non ille ao Concello por caprichos persoais"

Pídelle que colabore en conformar a mancomunidade dos Concellos do norte da provincia de Pontevedra

Ecos da Comarca/Agolada

O Partido Popular de Agolada critica "a desidia do alcalde Luís Calvo ao non asistir a reunión dos alcaldes dos Concellos do norte de Pontevedra co conselleiro de Presidencia e a posterior reunión de traballo na Mancomunidade do Salnés, para valorar a conformación dunha mancomunidade potente que poida captar fondos para mellorar a calidade de vida dos veciños". Os populares pídenlle ao rexedor que "deixe de lado caprichos e teimas persoais e non aille ao Concello do resto dos concellos da comarca, e que se poña dende xa a colaborar en conformar este novo ente que pode ser moi beneficioso para aumentar os servizos e mellorar a capacidade do Concello para captar investimentos".

Carmen Seijas.
Carmen Seijas.

“Non entendemos que nin o alcalde nin ninguén do seu goberno non asistiran a unha reunión que pode ser clave para o futuro da comarca e da propia Agolada, 5 de 6 concelleiros cobrando un salario público e ningún ten tempo para asistir candomenos de oíntes e valorar si este ente que parece que vai a reforzarse pode ser beneficioso, é unha auténtica irresponsabilidade, unha máis deste alcalde que pasou de querer converter Agolada nunha pequena Suiza a estala aillando e facéndoa desaparecer do mapa”, indican dende o PP.


A voceira do grupo popular Carmen Seijas indica que Agolada non pode permitirse perder este tren, "e que solo un alcalde que xa nin goberna, nin decide, nin mira polo pobo é capaz de non darse conta de que este camiño hai que andalo da man con todos. El mesmo pode ver que isto non vai de siglas políticas, había alcaldes do PP, do PSOE, de Xuntos, e solo el se afasta, é absolutamente incrible”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Seijas pensa que toda "esta desidia ven dada porque Luís Calvo e os seus xa non están coa cabeza en Agolada e solo lle interesa zugarlle todo o que poidan ao Concello durante os dous anos que lle quedan de mandato e mesmo de vida política. O alcalde está mais preocupado pola súa situación xudicial que polo ben do concello e os seus veciños, ou iso ou é que simplemente quere facerse un reino propio en Agolada onde el sexa o cacique ao que todos deban pleitesía”


O PP de Agolada presentará no vindeiro pleno unha moción onde se lle solicite ao Goberno

que manteña xa contactos co resto dos alcaldes da Comarca para formar parte deste grupo de traballo e integrarse na que parece vai ser "unha entidade importante para o territorio".





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page