top of page

O PP de Agolada acusa a Calvo "de querer ocultarlle aos veciños a obriga de aplicar un plan de axuste"

Ecos da Comarca/Agolada

O Partido Popular de Agolada acusa de xeito directo ao alcalde, Luis Calvo, e ao seu goberno "de querer enganar aos veciños unha vez máis co estado da situación económica do Concello de Agolada". Estas declaracións veñen dadas unha vez recibida a convocatoria do pleno do vindeiro luns "onde o goberno de Agolada pretende ocultar en

período vacacional o feito de ter que aprobar de xeito obrigatorio un plan de axuste para os anos 2025 e 2026".

Os populares indican que levan anos advertindo que Luis Calvo, "que colleu un Concello con 1,6 millóns de euros en positivo entre remanentes e tesourería, esta a despilfarrar de tal xeito que ten a Agolada na práctica bancarrota. “Este é o motivo polo cal intenta vender investimentos doutras administracións facendo bandos e barullo, porque, con este plan, o que se demostra é que se non fora Xunta e Deputación en Agolada non se podería facer absolutamente nada. Supoñemos que agora tamén dirá que é mentira, pero a realidade é que neste pleno se verá coas cifras que aporta o propio goberno de que o Concello nin cumpre coa estabilidade orzamentaria nin coa regra de gasto”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A voceira dos populares, Carmen Seijas, xa indica que votará en contra deste documento. “Non só votaremos en contra por ser un documento que deixa claro que Luis Calvo mentiu á xente, se non que o faremos porque aparte reduce de partidas necesarias só por manter os seus beneficios persoais". Seijas indica que "se xa non lle faltaba nada con ser un alcalde condenado por corrupción, agora con este plan o que deixa claro é que neste ano e medio que lle queda de mandato o seu único obxectivo é espremer ao Concello para o seu beneficio persoal e para os seus compinches".


A popular afirma que é “absolutamente incrible que se axuste en partidas de inversións e tamén en partidas de gastos de persoal no referente á produtividade dos funcionarios e, sen embargo, non se baixe un só céntimo do seu súper salario nin dos salarios do seu equipo, un plan destes non se fai en dúas semanas, co cal, cando no último pleno se aprobou o salario novo para Margarita Varela todo o equipo era coñecedor de que había que facer un axuste, pero prefiren cobrar eles a que no concello haxa fondos para cubrir as necesidades dos veciños. Este é o goberno máis caro do goberno de Agolada, que nin sequera cando hai que axustarse están dispostos a apertarse eles o cinto, que o aperten os veciños”.


Aumento dos impostos para equilibrar o gasto desmesurado

O Partido popular tamén deixa constancia de que como só co axuste non chega, o goberno de Luis Calvo "vai aprobar unhas ordenanzas fiscais que subirán a carga impositiva aos veciños". “Haberá que pagar por todo, cando ata o de agora non se facía, a este home dálle igual con tal de que os números lle cadren para seguir chupándolle o sangue a este concello mentres lle dure o cargo”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Seijas indica que, "por moito que trate de ocultalo nun mes de verán, os veciños daranse conta deste atraco cando reciban os seus recibos do lixo, a taxa de terrazas dos bares, etc...Segundo os nosos cálculos este plan de axuste podería facerse reducindo dos gastos do propio goberno de gastos correntes para comprar vontades como comidas, etc. e axustando a contratación a procedementos abertos e non dándolle aos seus veciños".


Solicitude de crédito

Os populares advirten que tamén vai para o pleno "unha solicitude dun crédito de máis de 620.000 euros, o que demostra que o Concello ten un grave problema económico e de

tesourería. Cada vez que pide un crédito este ten que ser máis alto, simplemente porque as contas non dan e o que esta a facer é endebedar Agolada sen importarlle nin o máis mínimo en que situación quede cara o futuro". “Agora, coma sempre, negará á maior e dirá que isto é unha operación de tesourería, pero por moito que lle cambie o nome ás cousas un préstamo é un préstamo e Luis Calvo está continuamente un sobre outro pero, grazas a este plan de axuste, xa sabemos tamén que terá que destinar recursos que deberían ir para pistas, saneamentos, etc. en ter que pagar intereses”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page