top of page

O PP cruceño subliña que un dos seus proxectos máis importantes é poñer en marcha o centro de día

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP cruceño recalca que a atención ás persoas maiores é unha das súas prioridades. "Por iso, un dos proxectos máis importantes do noso programa será a posta en marcha do centro de día, co obxectivo de que os nosos maiores non se desvinculen totalmente do seu entorno".


Adianta que na parte superior do edificio polivalente situarase a Unidade de Estancias Diurnas, un servizo de apoio familiar e sociosanitario, que ofrece atención ás necesidades básicas, terapéuticas e socioculturais dos maiores ou persoas con algún grao de discapacidade ou dependencia; as persoas beneficiaranse de servizo gratuíto de traslado ó centro. A parte inferior estará destinada como centro social de maiores, dirixido a prestar atención socioasistencial, así como facilitar a convivencia e propiciar a participación e integración social.

Dada a importancia do envellecemento activo para fortalecer a saúde mental e mellorar a

calidade de vida nesta etapa, procederase á activación inmediata do Plan Municipal de

Actividades de Atención Xerontolóxica, dando cobertura ás novas demandas, a través de

talleres de estimulación cognitiva, musicoterapia, ximnasia de mantemento, pilates, novas

tecnoloxías, etc. Así mesmo, deseñarase unha extensa e atractiva programación de

excursións ó longo do ano co obxectivo de estimular a mente, cultivar as relacións sociais e potenciar o benestar.


"Outra das nosas prioridades é favorecer a permanencia das persoas maiores nos seus fogares, mellorando o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), coa redución da lista de espera a un máximo de 90 días, ofertando maior número de horas de atención domiciliaria e

ampliando o servizo de Xantar na Casa. Tamén procederemos á instalación de detectores de fume nas vivendas habitadas por persoas maiores ou dependentes para previr os incendios nos fogares".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais destas propostas, indican que acometerán "obras de mellora e rehabilitación da fachada da Residencia Municipal de Maiores coa finalidade de mellorar o illamento térmico e acústico; procederase á creación dun Xardín Xerontolóxico accesible ás persoas maiores e á creación dunha horta terapéutica, así como á apertura da entrada principal de acceso a familias e visitas". Igualmente, engade, "executaranse melloras no parque municipal anexo á Residencia coa creación de pérgolas axardinadas nas sendas e realizarase o acondicionamento da Avenida da Residencia (humanización e sinalización vial do acceso á Residencia, Centro de Día, Galescola, Pavillón, etc.). Queremos destacar, ademais, que o edificio polivalente tamén contará cunha zona destinada á celebración de eventos para distintos grupos de idades que así o soliciten".


Desde o Partido Popular, recalcan, "desexamos que os nosos avós e avoas poidan desfrutar dun lugar grato e confortable en Vila de Cruces, e por iso, que todo o equipo nos comprometemos a seguir traballando polo seu benestar e o das súas familias".


 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page