top of page

O PP cruceño resalta o poder da cultura e reitera as súas propostas neste eido

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

No día da celebración das Letras Galegas o PP de Vila de Cruces resaltou o poder da cultura. "Unha fonte que proporciona diversas experiencias emotivas e intelectuais e que nos aporta numerosos beneficios físicos, psicolóxicos e sociais. A cultura, a súa capacidade para xerar ese sentimento de unión, identidade e vitalidade. Unha fonte que tamén aporta crecemento, progreso e recursos económicos para o noso municipio".


E reiterou as súas propostas neste eido:

- Daráselle un novo uso ó CEIP de Merza enfocado á formación musical.

- Posta en marcha da Escola Municipal de Música.

- Apoio económico na contratación de bandas, corais e grupos folclóricos do pobo para

realizar actuacións no termo municipal, a través dos colectivos culturais, asociacións, Centros Educativos e Residencia Municipal de Maiores. Poderán facer un máximo de 14

actuacións.

- Impulsar a Fundación Xosé Neira Vilas e a Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño,

mediante apoio económico e promoción a nivel nacional e internacional.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

- Institucionalizar o 21 de agosto como o día de PACO LAREO, creador da Fundación

Paco Lareo A Solaina de Piloño.

- Recuperación da Feira do 21 que levará consigo a exposición da arte e da artesanía

gastronómica.

- Dotar ó IES Marco do Camballón cun premio para a promoción das actividades das

Regueifas.

- Colaboración e difusión do GALAICO BRASS FESTIVAL.

- Programación de actividades nos catro auditorios de Vila de Cruces, con actuacións

periódicas.

- Apoio económico ós tradicionais entroidos do Ulla (Salgueiros, Piloño e Merza), así como a súa difusión e a promoción de intercambios.

- Potenciar como atractivo cultural o Desenclave da Semana Santa en Oirós.

- Posta en valor do Observatorio Zarragrande, e recoñecemento ó seu fundador, D. José

María López co nome dunha rúa no casco urbano de Cruces.

- Rutas turísticas culturais para descubrir a nosa historia.

"A nosa cultura, a nosa identidade, a mostra dunha sociedade vibrante! #EntreTodos", recalca.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page