top of page

O PP cruceño reitera a súa petición de que se faga todo o posible para que se implanta no IES Marco do Camballón o Ciclo de Enerxías Renovables

Ecos da Comarca/Vila de Cruces O PP de Vila de Cruces reitera a súa petición de que se faga todo o posible para que se implanta no IES Marco do Camballón o Ciclo de Enerxías Renovables. "Durante os anos de goberno do Partido Popular de Vila de Cruces, loitamos por conseguir un Instituto de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e ciclos medios de calidade e referencia na comunidade. Con data, 20 de maio de 2023, e número de rexistro de entrada 1001, o Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces, presentou unha Moción instando o Goberno Municipal a adoptar todas as medidas necesarias para a implantación do Ciclo de Enerxías Renovables no IES Marco do Camballón".

Dita moción, recalca, "foi aprobada en pleno cos votos dos distintos representantes políticos que conforman a Corporación municipal. Cónstanos que representantes do centro educativo se puxeron en contacto con membros do equipo de goberno local para solicitar o apoio e deseñar as infraestruturas necesarias para poder implantar dito Ciclo Superior e poder expoñelo ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O que é lamentable e que a día de hoxe non se fixo absolutamente nada, o único que se fixo foi enganar o equipo directivo do centro coa súa desidia, o que demostra unha vez máis a inoperancia deste goberno local que non ten un proxecto de futuro deste municipio".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con data, 16 de xaneiro de 2024, sinalan, "celebrouse un claustro do profesorados do IES Marco do Camballón, onde quedou aprobado por maioría que se tramite a solicitude do Ciclo de Enerxías Renovables para o IES Marco do Camballón. Un dos puntos para seguir sendo un instituto de referencia na comunidade é a diversificación dos ciclos impartidos. Esta diversificación é esencial para abordar a diversidade de estudantes, preparalos para o mercado laboral actual e futuro, e contribuír ao desenvolvemento xeral da institución e a comunidade".


O goberno local, recalca, "debe loitar para traer melloras educativas futuras para Vila de Cruces contando coa participación e o apoio da comunidade educativa do IES Marco do Camballón. Na moción presentada o ano pasado, xa se expuxeron os suficientes argumentos polo que se debía solicitar este ciclo superior de enerxías renovables, proba diso e que foi aprobada no pleno por maioría". Non obstante, o PP aporta novos argumentos polo que se debería solicitar este Ciclo de Enerxías Renovables para o IES Marco do Camballón:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

  • Sustentabilidade Ambiental: Destacar a importancia das enerxías renovables na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a súa contribución á mitigación do cambio climático.

  • Xeración de Emprego Local: Resaltar o potencial de crear emprego no municipio a través da instalación, mantemento e xestión de infraestruturas de enerxías renovables.

  • Fomento da Innovación: Subliñar a oportunidade de impulsar a innovación local ao adoptar tecnoloxías e prácticas máis avanzadas no ámbito das enerxías renovables.

  • Mellora da Imaxe do Municipio: A adopción polas enerxías renovables pode mellorar a imaxe do municipio, posicionándoo como líder en sustentabilidade e responsabilidade ambiental.


Por todo o exposto, o Grupo Popular do Concello de Vila de Cruces elevamos á

Corporación os seguintes acordos:


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
  • PRIMEIRO: "Instamos ó Concello de Vila de Cruces a que dunha vez por todas deixe

a súa inoperancia, e se poña a disposición do equipo directivo IES Marco do Camballón para apoiar esta iniciativa de forma real e en prazo, e que en colaboración con dito centro, analice coidadosamente as necesidades que precise o centro para redactar a documentación técnica da infraestrutura necesaria e poder solicitar a implantación do citado Ciclo Superior de Enerxías Renovables".

  • SEGUNDO: "Dar traslado destes acordos ó equipo directivo Educativo IES Marco

do Camballón".

  • TERCEIRO: "Instamos ao Concello de Vila de Cruces a solicitar unha reunión co

Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, onde estean representados o equipo directivo do IES Marco do Camballón, os representantes do goberno local e os portavoces dos grupos políticos desta Corporación, para a solicitude da implantación deste Ciclo Superior".

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page