top of page

O PP cruceño recrimina "a actitude" do alcalde e do tenente de alcalde na visita de Ethel Vázquez

"Aconsellámoslles que se desculpen diante da veciñanza e da conselleira ao tempo que lle advertimos que se volvemos presenciar unha actitude tan ruín e agresiva serán denunciados polo noso propio grupo"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP de Vila de Cruces informan que o venres "compartimos unha xuntanza cos veciños da parroquia de Loño para abordar un tema de máxima prioridade: a Barcaza de Portodemouros. Contamos coa presenza de Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, quen quixo coñecer de primeira man a realidade desta parroquia; no encontro tamén participaron veciños dos lugares limítrofes".


"Queremos destacar o positivo deste encontro, cunha ampla participación por parte dos veciños e das veciñas, que explicaron as súas necesidades e aportaron as súas opinións, escoitando o compromiso da conselleira de estudar ditas reivindicacións, así como dar traslado destas á empresa concesionaria co obxectivo de contar cun novo ferri que se adapte ás necesidades demandadas pola veciñanza, unha infraestrutura empregada a diario por centos de veciños e traballadores entre os concellos de Vila de Cruces e Santiso".

Sen embargo, sinala "tamén debemos dar conta dunha nota negativa, provocada pola actitude do actual alcalde e o tenente de alcalde, os cales se sumaron ó encontro. Algo que non tería ningunha importancia, de non ser polas faltas de respecto que amosaron cara os veciños e a conselleira. Non imos entrar en detalles do acontecido, posto que os alí presentes fomos conscientes de ata onde é capaz de chegar o seu sentimento de rancor; Señor Alcalde e Tenente Alcalde, non eran as formas nin era o momento. ¿Que se pode esperar de alguén que irrompe de semellante xeito? A súa actitude dista moito da que debe ter un representante público, unha actitude ameazante que por desgraza non é nova, pois todos sabemos como actúa o señor alcalde cando un representante da Xunta se achega ó noso municipio: primeiro, foron os ataques cara o conselleiro Román Rodríguez, despois cara o delegado territorial Luis López e agora cara a conselleira Ethel Vázquez".


E insite o PP "non todo vale, señor alcalde". "O noso equipo organizou este encontro, que non é o mesmo ca unha visita protocolaria, co único obxectivo de mellorar a realidade dos veciños e veciñas de Loño e, por conseguinte, dos veciños de Vila de Cruces. Queremos destacar e agradecerlle a todos os veciños e veciñas a súa reacción exemplar ó defender o traballo da conselleira e do noso equipo. Esta é a maior verdade, pois por moitas mentiras que publiquen dende as súas plataformas publicitarias, todos os presentes onte (polo venres) en Loño, saben do acontecido e, a reacción de toda a veciñanza, fai que dende o noso equipo teñamos máis motivos e máis folgos para traballar por Vila de Cruces".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Aínda que, sinala, onte (polo venres) "a veciñanza xa se manifestou, con aplausos e agradecementos á conselleira Ethel Vázquez, dende o Partido Popular queremos agradecerlle novamente á conselleira a súa visita e a súa axuda para mellorar a vida do municipio, ao tempo que lle transmitimos as nosas desculpas por ter que aguantar a situación tan subrealista que lle tocou pasar, manifestándolle que o concello de Vila de Cruces é moito máis que o señor Taboada e que para nada representa o noso municipio".


Por último, subliña "rematamos aconsellando ao actual alcalde e tenente de alcalde, que se desculpen publicamente diante da veciñanza e da conselleira ao tempo que lle advertimos que se volvemos presenciar unha actitude tan ruín e agresiva serán denunciados polo noso propio grupo, pois non imos permitir actitudes propias doutra época no noso municipio".





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page