top of page

O PP cruceño propón construír un núcleo de adestramento especializado e recuperar a gala do deporte

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces informa que culminou o ciclo de reunións con todos

os clubs deportivos con ideas e propostas "moi positivas". Entre estas figuran a construción dun núcleo de adestramento especializado ou recuperar a gala do deporte.

Lembra que fai unhas semanas, "anunciamos a proposta da compra dunha parcela de máis de 34.000 m 2, nas inmediacións das instalacións deportivas do campo de fútbol. Como xa comentamos, un dos nosos acordos coa sociedade deportiva de fútbol é a ampliación e creación dun campo de fútbol 8, entre outras, así como a creación doutras instalacións futuras de carácter deportivo". Sinala que a parcela, "que será adquirida nos seis primeiros meses de entrada ó goberno e, para a cal se realizará un plan de adaptación e recalificación urbanística, contará coa creación dunha nova infraestrutura denominada Núcleo de Adestramento Especializado (NADE)".


Por outra banda, apunta que un dos compromisos co Club de Loita Keltoi Cruces e coa

Asociación Deportiva Kung Fu Zen é a construción dun módulo de loita dentro do NADE e dunha piscina climatizada. "O complexo contará cunha sala con vitrinas para a exposición dos trofeos e recoñecementos de cada club deportivo. Así mesmo, cada entidade contará coas súas propias oficinas deportivas, dotadas co equipamento necesario. A finalidade deste proxecto é o recoñecemento e apoio á labor das entidades deportivas orientadas ó alto rendemento deportivo". E incide en que para este proxecto "precisamos da colaboración de tódolos clubs deportivos, os cales aportarán ideas para o deseño deste. Todas as sociedades consideran moi positiva a compra desta parcela, concentrando tódalas actividades deportivas no mesmo espazo e desfrutando das instalacións axeitadas para os deportistas e veciños e veciñas do noso municipio".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ampliación dos presupostos

Outro punto fundamental acordado cos distintos clubs "é a ampliación dos presupostos para o desenvolvemento adecuado das actividades. Entre outras iniciativas, retomarase a gala do deporte co fin de outorgar un recoñecemento ós mellores deportistas cruceños". "Desde o Partido Popular afrontamos este proxecto con moita ilusión. Desexamos que

os e as deportistas do noso concello sigan medrando aquí, achar novos talentos e

acompañalos ata o alto nivel, acadando futuros éxitos deportivos. Estas instalacións

estarán preparadas e pensadas tamén para o desfrute de tódolos veciños e veciñas de

Vila de Cruces que busquen un estilo de vida activo e saudable".


O grupo popular incide en que "queremos indentificar e reter o talento deportivo esparcido polos clubes do municipio e dos arredores. Facelo ben está na nosa man, facelo posible está na de todos!".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page