Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces dá a coñecer algunhas das súas propostas para a mellora nos equipamentos e instalacións públicas co fin de mellorar a calidade de vida da veciñanza. Son os seguintes:
Mellora do parque municipal anexo á residencia coa creación de pérgolas axardinadas.
Remodelación de parques infantís, tanto no rural coma no casco urbano.
Acondicionamento da avenida da Residencia: humanización e sinalización vial do acceso á Residencia de Maiores, Galescola, etc.
Mellora das infraestruturas das instalacións deportivas.
Continuar demandando do Instituto de Vivenda e Solo as melloras das fachadas do Poboado Mineiro de Fontao.
Reparación de tódalas vivendas do Cuartel da Garda Civil.
"Esixiremos, ante os organismos competentes, a construción dun novo Ferri no Encoro de Portodemouros que cumpra coas necesidades de transporte demandadas".
Expansión de fibra óptica a tódolos lugares do municipio.
Adquisición de maquinaria para o departamento de vías e obras: equipo de desbroce, tractores, camión de bacheo e camión do lixo.
Tramitación da solicitude para o paso de vehículos lixeiros sobre a presa do salto número dous en Ollares, para unir os lugares de Ollares e Vilar de Calvos.
Construción dunha nova ponte sobre Rego de Cubelos (Castro, Santomé de Insua).
Solicitude de axudas para instaurar puntos de carga para vehículos eléctricos.
Ampliación da rede eléctrica de alta tensión 20KV desde o enlace do transformador de Besexos ata o cruce da estrada de Oirós, para dar servizo ás empresas existentes e outras novas que poidan instalarse na zona.
Ampliación do alumeado de nadal a tódolos núcleos rurais do municipio.
Remodelación e dotación de alumeado público en varios lugares.
Acondicionamento de aparcamentos en distintas parroquias.
Construción do cemiterio de Añobre.
Dotación de auga nos cemiterios.
Abastecemento de auga e rede de saneamento.
Melloras de seguridade: colocación de barreiras de protección en varios puntos, mellora das beirarrúas e eliminación de barreiras arquitectónicas.
Así mesmo, sinala que procederá á mellora de servizos fundamentais:
Xestionarase a reparación do alumeado público, nun máximo de 48 horas desde o seu aviso.
"Regresará a atención presencial, inmediata e diaria en tódolos departamentos do Concello, co fin de mellorar a xestión pública".
Ampliación do horario de atención presencial á cidadanía por parte dun axente forestal.
Ampliación do horario de atención presencial á cidadanía por parte dun traballador social.
Comments