O PP cruceño mostra o seu pesar polo falecemento de Adonis Pampín Cajide
- ecosdacomarca
- 9 sept 2024
- 1 Min. de lectura
É expresidente da "Asociación Unión Residentes do Concello de Carbia Hoxe Vila de Cruces" en Buenos Aires, Arxentina
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces, encabezado polo seu presidente, Jesús Otero, expresa os seus máis sinceras condolencias polo falecemento de Adonis Pampín Cajide, expresidente da "Asociación Unión Residentes do Concello de Carbia Hoxe Vila de Cruces" en Buenos Aires, Arxentina.

"Adonis Pampín foi un gran referente na comunidade galega en Arxentina e un incansable defensor dos lazos que unen á nosa localidade co seu país de adopción. O seu compromiso e dedicación foron fundamentais na implementación de diversas iniciativas que promoveron a colaboración e o entendemento entre Vila de Cruces e a diáspora galega en Buenos Aires", sinalan os populares.
Publicidade
Durante os anos nos que Jesús Otero foi alcalde, Adonis desempeñou un papel crucial na consolidación de relacións entre ambas as comunidades, "traballando incansablemente para fortalecer a identidade galega e fomentar o intercambio cultural e social. O seu legado perdurará entre aqueles que tiveron o privilexio de coñecelo e colaborar con el".
Publicidade
O Partido Popular de Vila de Cruces, e en especial o seu presidente Jesús Otero, únese á dor da súa familia, amigos e todos os que tiveron a fortuna de cruzarse no seu camiño. "A súa memoria e a súa obra sempre serán lembradas e apreciadas na nosa comunidade. Descanse en paz, Adonis Pampín Cajide".
Comentários