Fai referencia á moción presentada polos populares e aprobada por unanimidade o 2 de outubro sobre a adaptación dos núcleos de poboación ao novo PXOM de Cruces e a Bonificación do imposto relativo ao chan dos núcleos de poboación
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O 2 de outubro de 2023 aprobáronse en sesión plenaria ordinaria un total de cinco mocións presentadas e defendidas por parte do Grupo municipal do Partido Popular de Vila de Cruces. Queremos lembrar ao Goberno que se aprobou por unanimidade a moción relativa á “Adaptación dos núcleos de poboación ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vila de Cruces e a Bonificación do imposto relativo ao chan dos núcleos de poboación (sen considerar a edificación)”. Instamos o Goberno para que teña tramitado e aprobado a aplicación da bonificación do 90% antes de finalizar este ano 2023, co obxectivo de que os recibos do próximo ano 2024 teñan aplicada a bonificación.
Os veciños de Vila de Cruces xa puideron comprobar que anteriormente esas parcelas que estaban identificadas como rústicas actualmente estano con natureza urbana. Temos testemuños de varios veciños que despois de explicar a nosa proposta aprobada en sesión plenaria mostráronnos o seu interese e necesidade de que se aplique dita bonificación o próximo ano 2024 porque durante este ano 2023 xa tiveron que pagar máis impostos.
Publicidade
Tomamos con exemplo, o caso dunha parcela que anteriormente baixo natureza rústica aplicábaselle un recibo de 4€ aproximadamente e que no novo recibo deste ano 2023 xa baixo natureza urbana é superior aos 70€, destacar que estamos a falar dunha única parcela.
Publicidade
Transcorreron máis de tres semanas desde a celebración do pleno municipal do 2 de outubro e non temos constancia de que o Goberno local iniciará os trámites administrativos necesarios para cumprir o devandito acordo aprobado por unanimidade. Empezamos a dubidar do compromiso do Sr. Taboada e que o xestione antes do 31 de decembro do 2023. Se o Goberno Local non o tramita en tempo e forma estaría a incumprir co aprobado en pleno e será o responsable de que os veciños de Vila de Cruces continúen pagando máis impostos pola súa falta de xestión e de cumprimento.
Publicidade
O equipo de Goberno municipal ten os recursos humanos e técnicos suficientes á súa disposición para cumprir con esta moción, non esquezamos que dispón dun gabinete xurídico externo, unha nova incorporación como posición de persoal auxiliar de alcaldía, as catro dedicacións exclusivas dos seus concelleiros, o asesor de comunicación e outros servizos externos que pagamos todos os contribuíntes de Vila de Cruces. Expoñemos este último punto porque por falta de recursos humanos para levar a cabo este trámite non pode escusarse o actual Goberno local nin tampouco pola lei porque lle lembramos o artigo 74.1 (Bonificacións potestativas) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que permite que a administración local poida aplicar unha bonificación de ata o 90% do importe total do recibo.
Comments