top of page

O PP cruceño insta a que o goberno local actúe con total urxencia para reparar a ponte da Balsiña

"Atópase nun estado de total inseguridade e risco de que calquera camiñante poda resultar ferido ou caer", recalca


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo municipal do Partido Popular de Vila de Cruces insta unha vez máis a que o Goberno Local actúe con total urxencia para a reparación da ponte da Balsiña para garantir a seguridade das persoas que o utilizan. "A ponte da Balsiña é de madeira e atópase nun estado de total inseguridade e risco de que calquera camiñante poda resultar ferido ou caer. Se non acometen á reparación máis urxente teñen que precintar e señalizar a prohibición do acceso a dita ponte. Algúns viandantes xa colocaron señais con trozos de plástico para identificar os tablóns que están soltos e outros están sin identificar, en definitiva un perigo", sinalan.


Publicidade

Así mesmo, sinalan que "o camiño que transcurre dende Foxacos ata a Balsiña, na parroquia de Toiriz, atópase nun estado lamentable e intransitable pola falta de mantemento durante os últimos anos. O total abandono por parte do Goberno Local afecta gravemente os veciños do lugar da Balsiña que teñen que acceder por dito camiño, cunha lonxitude de 1.600 metros. Neste camiño está ubicada unha casa de uso turístico que non poden acceder polo mesmo. Os propietarios e clientes desta casa de turismo rural teñen que conducir pola zona da Agolada, despois estacionar o vehículo o outro lado do río e posteriormente camiñar a pé a través da ponte da Balsiña".


Publicidade

"A imaxe de abandono", indica, "de infraestructuras básicas, coma neste caso, non axuda a proxectar unha valoración positiva do turismo de Vila de Cruces. Temos constancia de que nalgunhas ocasións tiveron que cancelarse reservas por non poder acceder en vehículo ata a casa de uso turístico".

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page