top of page

O PP cruceño fala dunha "actuación administrativa irregular" relativa a un aparcadoiro en Bascuas

En concreto fai referencia a adquisión por parte do Concello de dúas parceladas destinadas a parking público


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces, a través do seu portavoz, Jesús Otero, quere poñer en coñecemento dos veciños outra actuación administrativa, segundo el, "irregular, e xa van moitas nesta lexislatura, por parte do equipo de desgoberno municipal que comanda o señor Taboada, á hora de poder adquirir dúas parcelas destinadas a aparcadoiro público na parroquia de Bascuas.

"Temos que remontarnos ao 28 de setembro do ano 2020, cando o noso grupo, procedeu a rexistrar unha moción para instar ao actual equipo de desgoberno, a que iniciase os

trámites para a adquisición de dúas parcelas, colindantes co parque público e co acceso á igrexa, necesarias para poder construir un aparcadoiro público. Esta moción, coma todas as que levamos presentado, son aprobadas, pero quedan gardadas e esquecidas polo actual goberno municipal. No caso desta, supoñemos que pola pronta chegada dun novo proceso electoral, foi posta en marcha polo Concello".


Así, con data de 14 de decembro do ano 2022, sinala, "máis de dous anos despois de ser

solicitado polo Partido Popular, aproban o expediente de contratación para a adquisición directa dunha parcela (nº 444) de 716 metros por un importe de 5.962,13 euros incumprindo unha vez máis o recollido e aprobado na nosa moción, posto que, a parcela principal necesaria para esta infraestrutura queda sen adquirir por parte do concello".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ante isto, os populares instan "ao equipo de desgoberno municipal a que dote de partida

presupostaria de 8.868 euros para a adquisición da parcela principal (nº 442) que deixaron sen comprar e a cal formaba parte da proposta. Sendo mal pensados ata imos chegar a sospeitar que o Concello non dispón de fondos para realizar investimentos necesarios para os veciños e as veciñas, en cambio, si parece que hai fondos dispoñibles e sen límite para gastar sen control no pago de suculentas cantidades aos asesores do alcalde mensualmente".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page