Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal de Vila de Cruces quere manifestar a súa máis firme oposición "á nova ocorrencia do señor alcalde, Luis Taboada, e do seu equipo de goberno, que consiste na distribución a todos os fogares do municipio unha nova revista Viva Cruces". "Esta publicación, que se presenta como un medio de información, carece de relevancia e interese para os veciños e veciñas, converténdose nunha mera ferramenta de autocomplacencia para o alcalde e xustificar o soldo do novo asesor de comunicación".

"Estamos a falar dunha revista que está a informar sobre unhas inversións que son non só escasas, senón tamén ridículas en comparación co que Vila de Cruces realmente necesita, evidencia a ineptitude do goberno local na súa xestión e que beneficia a outros. Estimamos que o custo desta publicación ascende a uns 3.000 euros, un importe que podería estar moito mellor investido en servizos que realmente beneficien á noso municipio". "Diante deste despilfarro de diñeiro público", o Grupo Municipal esixe que se "poña fin a esta práctica que quere manter a base de subir os impostos os veciños e que se invista o diñeiro destinado a futuras edicións da revista en causas que realmente importan a nosa veciñanza".
Publicidade
"Neste momentos, propoñemos que se poñan en contacto coa FEMP e que os 3.000 euros que se destinarían á publicación da próxima edición se utilicen para axudar aos damnificados pola catástrofe da DANA en Valencia, sumándonos así á iniciativa da FEMP. Esta axuda consistiría na compra de auga, leite, friames, pan, artigos de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas, produtos que son imprescindibles nestes momentos críticos".
E recalca que dende "o Grupo Municipal queremos expresar as nosas condolencias aos afectados e transmitirlles ánimos. É hora de que o goberno local poña de lado a súa política de autobombo e comece a priorizar as necesidades reais dos veciños e veciñas de Vila de Cruces".
Comments