O PP cruceño denuncia "o mal estado de conservación" do Parque da Fonte, en Brandomés
- ecosdacomarca
- 17 may 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Grupo Municipal do Partido de Vila de Cruces denuncia "o mal estado de conservación en que se atopa o “Parque da Fonte” en Brandomés, na parroquia de Brandariz". Sinala que "hai uns días recibimos as queixas de varios veciños desta parroquia polo estado de abandono e desidia por parte do alcalde e do equipo de Goberno. Estas reclamacións veñen producíndose desde hai anos por parte dos veciños e sen resposta por parte do alcalde nin de ningún dos concelleiros que si son coñecedores da situación na que se atopa este parque infantil e os seus arredores", afirma o PP.

Indica que "non só é importante e necesario acometer unha renovación integral do parque infantil en si mesmo se non que tamén acondicionar os arredores como os xardíns e a pintura e mantemento da fonte".
Publicidade
"Queremos elevar publicamente estas queixas e dar voz aos veciños da parroquia de Brandariz co obxectivo de que o equipo de Goberno asuma a súa responsabilidade e inicie os trámites administrativos necesarios para acometer as accións necesarias", recalca o PP.
Publicidade
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
Lugares onde se pode doar esta semana:
Comments