top of page

O PP cruceño demanda o mantemento da Carixa e o arranxo de beirrarúas na parroquia de Merza

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Transcorreron case dous meses desde que o Grupo municipal do Partido Popular de Vila de Cruces denunciase publicamente a falta de mantemento e conservación da área recreativa da Carixa situada na parroquia de Merza. A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Vanessa Trigás, volveu visitar esta área comprobando de primeira man as queixas veciñais, tales "como varandas de madeira rotas; o parque de xogos sen ser revisado nin reparado, falta de mantemento e de recuperación de zonas verdes. En definitiva o que demandan os veciños e turistas son os piares máis básicos para gozar dun espazo público de xestión municipal".

O Goberno, sinala, debe dotar dunha partida orzamentaria para realizar o cambio por completo dos parques de máquinas biosaudables desta área recreativa. "Recibimos queixas veciñais en relación á falta de mantemento das beirarrúas desde o cruzamento que vai desde Carras ata a área recreativa A Carixa; os veciños xa están cansados de comunicalo ao Concello desde o pasado mes de xuño e non tiveron resposta algunha. Basta con visitar fisicamente o lugar en cuestión para comprobar que ese vial público actualmente é intransitable", resalta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Entendemos que se está é a estratexia do Sr. Alcalde para dinamizar e potenciar o turismo de Vila de Cruces debemos explicarlle as veces que sexan necesarias que está a conseguir todo o contrario, está a transmitir unha imaxe de total abandono e falta de interese por defender os interese de Vila de Cruces. O Goberno local ten pendente o pago dunha indemnización a un cidadán por importe de máis 6.000 euros, que aínda non pagou, debido á lesión causada polo mal estado das mesmas beirarrúas. O Sr. Alcalde non aprendeu a lección e parece que está a esperar a que a súa falta de mantemento propicie novos accidentes que acaben con danos físicos e reclamacións ao Concello", apunta o PP-


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo insto, insta ao goberno local que proceda de "maneira urxente e inmediata a solucionar os puntos indicados anteriormente e que presente unha planificación detallada do mantemento e conservación dos espazos naturais máis emblemáticos da nosa zona. Lembramos unha vez máis que un goberno local con tres dedicacións exclusivas e cun asesor de comunicación con soldo galáctico deberían estar máis no terreo día a día para executar as reparacións e solucións do que estamos a denunciar. Un goberno Local que está máis preocupado de maquillar investindo tempo e diñeiro en redactar notas de prensa de ciencia ficción no periodico que pagamos todos os veciños cun soldo mensual de máis de 1.500 euros. Estamos cansados de mentiras e fantasías por parte do Sr. Taboada que o único que nos está facendo é danando a imaxe de nosa Vila de Cruces e damos pasos axigantados cara atrás".


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page