top of page

O PP cruceño demanda iniciar unha nova contratación "legal" para arranxar unha ponte en Piloño

Asegura que esta actuación foi contratada con outra empresa distinta á que fora adxudicada, pero que tampouco se levou a cabo


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces, por medio do seu voceiro, Jesús Otero, quere denunciar "unha vez máis, unha actuación caciquil do actual equipo de desgoberno municipal do Concello de Vila de Cruces" en relación a unha reparación dunha ponte da parroquia de Piloño.

O pasado 26 de outubro do ano 2021, o Concello de Vila de Cruces, sinala o PP, emitía un expediente no cal se aprobaba o proxecto técnico para a reparación da ponte situada no lugar de Liñares, na parroquia de Piloño. "Esta reparación, era adxudicada por un importe total de 23.471,80 euros á Empresa Lodeiro y Rodríguez S.L do noso municipio. A sorpresa foi maiúscula cando o representante legal da empresa que resultara adxudicataria desta obra, se personou no concello para asinar o pertinente contrato coa administración local e alí, in situ, o propio alcalde lle comunica que esa obra é para outra empresa", aseguran os populares. "Parécenos máis ciencia ficción que realidade, en base os documentos firmados polo alcalde", engaden.


"A gran velocidade, soamente dous días despois", apuntan, concretamente o 28 de

outubro do ano 2021, mediante un Decreto de Alcaldía, "o equipo de desgoberno municipal procede a adxudicarlla a outra empresa, Electricidad Arteaga Gres S.L, segundo consta no decreto de data 28/10/2021, e casualmente polo mesmo importe exacto que a anterior, 23.471,80 euros. Non atopamos palabras para describir a situación na que se atopa o Concello e o descaro co que está actuando o Alcalde, Luís Taboada. Despois de ano e medio desta adxudicación fantasma, a empresa encargada de realizar a obra, non foi notificada nin no 2021 nin no 2022, polo cal se perdeu o diñeiro destinado para esta obra", afirman o partido popular.

Ademais, entenden que o Concello de Vila de Cruces "botou man dos fondos

destinados para esta actuación para outras cousas, e agora, atópase sen recursos para executar o arranxo desta infraestrutura vial". Ante isto, o PP insta "ao equipo de desgoberno municipal a que inicie un novo proceso público de contratación, dentro da legalidade administrativa, dotando da partida pertinente deste ano para poder iniciar a

obra, dado que o anterior proceso esta caducado e xa non ai consignación. Para o que si parece haber fondos ilimitados é para pagar soldos e facturas ao conglomerado de asesores persoais do Alcalde, pois debemos recordar que soamente este pasado exercicio 2022, se gastaron máis de 113.000 euros públicos, dos impostos de todos os veciños e de todas as veciñas no pago a asesores", incide. "Eso si, para apoiar aos sectores produtivos municipais, para dinamizar o comercio, a hostalería e os autónomos do municipio e para arranxar infraestruturas e dotar aos veciños de servizos no rural parece non haber fondos dispoñibles", lamenta o PP.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page