top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP cruceño demanda a mellora do firme e da seguridade da estrada autonómica PO-204

Propón incluír tres sendas na marxe esquerda deste vial


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces levará ao vindeiro pleno unha moción a través da cal solicita a mellora do firme e da seguridade vial da estrada autonómica PO-204, de A Bandeira (N-525) a Vila de Cruces.


"A seguridade dos veciños de Vila de Cruces é unha prioridade indiscutible para

este Grupo Municipal. A estrada PO-204, de titularidade autonómica, é unha vía de gran tránsito que conecta diferentes puntos do noso municipio e é utilizada diariamente por numerosos vehículos, peóns e ciclistas. Nesta estrada atopase o seu firme moi deteriorado debido o uso diario de vehículos, tanto lixeiros como pesados, que degradaron co paso dos anos a súa capa de rodadura dado que a última mellora do firme executouse ai mais

de 15 anos. Conscientes tamén da importancia de garantir unha mobilidade segura, é

fundamental que se habiliten sendas adecuadas para o tránsito dos usuarios vulnerables desta estrada dado que esta estrada carece de arcén suficiente para o tránsito de peóns, fundamentalmente os veciños destes lugares e tamén sendeiristas nos lugares de Sulago e A Moa pola proximidade do sendeiro “Fervenzas do Toxa”", sinala o PP. Por este motivo, propoñen a creación de tres sendas que contribúan á seguridade viaria e que favorezan unha mobilidade mais sostible.


A súa proposta inclúe tres sendas na marxe esquerda desta estrada:

Senda 1.

1. A construción dunha senda desde o lugar de Sulago ata o lugar de A Moa, cunha lonxitude de 390 metros dende o punto quilométrico PK 6+730 ata o PK 7+120.

2. A continuación da senda existente xa executada no 2018 pola Xunta de Galicia, desde o lugar do Morouco ata o lugar de Espil, cunha lonxitude de 780 metros dende o punto quilométrico PK 8+10 ata o PK 8+790.

3. A creación dunha nova senda na parroquia de Sabrexo, que conecte os lugares de Orza e Sabrexo, cunha lonxitude de 1.620 metros dende o punto quilométrico PK 12+700 ata o PK 14+320.


"Todas estas sendas deberán contar con todas as infraestruturas necesarias para garantir unha mobilidade segura, incluíndo iluminación adecuada, saneamento e sinalización clara e separación física entre o tráfico rodado e os peóns", subliña o grupo popular e por todo isto, elevan á Corporación o seguintes acordos:


Publicidade

PRIMEIRO: Solicitar a mellora do firme desta estrada mellorando a seguridade viaria.

SEGUNDO: Solicitar a creación das tres sendas mencionadas na exposición de motivos, priorizando a seguridade dos veciños e a mobilidade sostible.

TERCEIRO: Dar traslado destes acordos á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas así como á Delegación Territorial de Pontevedra para que asuma a execución deste proxecto, asegurando que se dispoñan dos recursos necesarios para a súa realización.


"A creación da mellora do firme e a creación destas sendas non só beneficiará a seguridade dos veciños de Vila de Cruces, senón que tamén fomentará hábitos de mobilidade máis sostibles, mellorando a calidade de vida dos nosos concidadáns. Así, solicitamos o apoio de todos os membros do Pleno para a aprobación desta moción que, sen dúbida, terá un impacto positivo no noso municipio", conclúen os populares.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page