top of page

O PP cruceño dá a coñecer as súas propostas deportivas ante José Ramón Lete e Daniel Benavides

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Secretario Xeral do Deporte e o xefe provincial do deporte desprazáronse ata este concello para a presentación do Galo Cup


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este sábado José Ramón Lete, Secretario Xeral do Deporte, e Daniel Benavides, xefe provincial do deporte, desprazáronse ata este concello para a presentación do Galo Cup, organizada pola S D Cruces. "A cal felicitamos pola fantástica labor e o esforzo extra que implica a organización dun evento destas características", sinala o PP que aproveitou para darlles a coñecer as súas iniciativas relacionadas co ámbito deportivo.

"Desde o Partido Popular aproveitamos a ocasión para comentarlle as nosas propostas no eido do deporte, as cales consideran moi atractivas. No mes de febreiro, tras a culminación do ciclo de reunións cos clubs deportivos, xa anticipamos algunhas das propostas que incluiriamos no noso programa electoral. Parécenos primordial concentrar tódalas actividades deportivas nun mesmo espazo, por iso, un dos nosos primeiros compromisos é a compra dunha parcela situada nas inmediacións das instalacións do campo de fútbol, de máis de 34.000m 2 , coa recalificación urbanística para futuros proxectos deportivos, entre os que destacamos a ampliación e creación do campo de fútbol 8 e a construción dun Núcleo de Adestramento Especializado (NADE). Dentro do NADE deseñarase un módulo de loita para que Club de Loita Keltoi Cruces e a Asociación Deportiva Kung Fu Zen desenvolvan de maneira óptima as súas actividades".


Ademais, sinala que "comprometémonos firmemente neste eido coa ampliación dos presupostos a cada club deportivo, o apoio ó grupo de Ballet e á Escola de Danza para que retomen a súa actividade e a promoción do Galo Cup. Así mesmo, retomarase a Gala do deporte co obxectivo de conmemorar os deportistas destacados de Vila de Cruces".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, adianta "procederase á mellora das infraestruturas actuais das instalacións deportivas do campo de fútbol, entre a que destaca, a dotación dunha nova caldeira de auga quente que cubra coas necesidades, a construción de vestiarios e duchas para mulleres, oficinas administrativas, sala destinada a almacén e salón bar-cafetería".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page