top of page

O PP cruceño cuestiona o labor do goberno "ao non cubrir as prazas necesarias no Concilia Verán"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

"Xuntos polo noso Concello demostra unha vez mais a súa ineficacia e a súa mala de xestión á fronte do Concello de Vila de Cruces", afirma os populares. O PP indica que "o Concello de Vila de Cruces, encabezado polo seu alcalde Luís Taboada e seguindo pola concelleira Mireya Otero, demostrou unha vez máis a súa ineficacia e falta de compromiso coas necesidades das familias do municipio ao non cubrir as prazas necesarias no programa Concilia Verán".


O Partido Popular de Vila de Cruces faise eco, segundo el, "da multitude de protestas tanto da calidade servizo prestado como das prazas ofertadas, trasladadas tanto por usuarios e particulares como polas dúas ANPAS, a do Colexio de Piloño e a do de Vila de Cruces, que tamén o trasladaron ao propio Concello por escrito".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"É lamentable que a pesar de contar con recursos económicos, para mellorar a conciliación entre a vida laboral e familiar, o Concello fracasase estrepitosamente en ofrecer un número suficiente de prazas. A decisión irresponsable e incompetente do Concello deixou a numerosas familias sen acceso a este servizo tan necesario", sinala o PP.


E indica que " é inaceptable que se xere unha lista de espera este ano de 27 persoas debido á falta de previsión e planificación por parte do Concello. O cal reflicte unha desconexión absoluta coas necesidades reais das familias. Resulta inconcibible que non se poidan realizar os procesos correspondentes para ampliar o número de prazas ofertadas. Esta escusa é simplemente unha mostra máis do desinterese e neglixencia por parte do Concello en proporcionar solucións adecuadas para os cidadáns, tendo como única resposta nas pasadas edicións a oferta de 70 prazas resultou suficiente, o que demostra a súa falta de previsión e planificación".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Ante iso, a bancada popular esixe ao mandatario e a todo o seu equipo "asumir responsabilidades por esta situación insatisfactoria e que se poñan a traballar implementando medidas urxentes para garantir que o servizo de concilia verán cubra todas as prazas solicitadas. Os veciños de Vila de Cruces merecen un goberno local comprometido e eficiente que vele polos seus intereses e benestar".


Cabe mencionar que o BNG cruceño tamén criticou esta situación. O que dixo no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-vila-de-cruces-pide-adaptar-o-plan-concilia-de-ver%C3%A1n-%C3%A1s-necesidades-reais

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page