top of page

O PP cruceño cuestiona a colocación duns postes para dotar de luz o acceso ao embarcadoiro en Loño

Acusa ao alcalde do municipio "de vender fume" e solicitarán todos os permisos e licencias necesarios para levar a cabo esta actuación


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP de Vila de Cruces pon entredito a colocación duns postes para dotar de luz o acceso ao embarcadoiro da barcaza no lugar de Reboredo, na parroquia de Loño. Ademais, os populares acusan ao alcalde do municipio "de vender fume" e solicitarán todos os permisos e licencias necesarios para levar a cabo esta actuación.

O ferri de Portodemouros. Autor: Ecos da Comarca.

"Nas pasadas semanas, puidemos ver ao alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, en diversos medios da prensa escrita, presumindo da colocación duns postes para dotar de luz o acceso ao embarcadoiro da barcaza no lugar de Reboredo, na parroquia de Loño. Unha vez máis, podemos ver a incompetencia e o mal asesorado que está o equipo de desgoberno municipal, quen segue coa súa política de vender fume nos medios para intentar enganar aos veciños dando a sensación de que están a traballar polo municipio", recriminan os populares.


"Claro perigo"

Ademais inciden en que "nós non nos opoñemos, no Partido Popular, á mellora deste acceso, pero ao que si nos opoñemos é á ilegalidade e ao sensacionalismo político na que está instalado o actual equipo de desgoberno do concello. Así, o noso portavoz, Jesús Otero, puido constatar nunha reunión cos veciños e veciñas desta parroquia, a chapuza que vén de realizar o alcalde, chapuza que ademais constitúe un claro perigo para a circulación pola carretera afectada e é que Gas Natural, entendemos que con todos os permisos necesarios por parte do Concello de Vila de Cruces, colocou os postes da luz sen respetar unha mínima distancia de retranqueo na pista afectada, constituíndo un claro perigo na circulación de vehículos e supoñendo un obstáculo para unha futura ampliación desta vía".


Precisamente, apuntan que "estes problemas que estamos a denunciar, son exactamente as queixas que os veciños veñen de transmitirnos nesta reunión xa que non fai falta ser enxeñeiros para darse de conta da chapuza e da cacicada que o alcalde do municipio acaba de realizar. Ademais, estamos ante unha situación na que o concello de Vila de Cruces é pleno coñecedor xa que como sinalamos, semanas atrás, o propio alcalde do municipio salía na prensa cunha actitude triunfal con respecto a esta obra".


Ademais dende o grupo popular, recalcan que "temos moi claro que o principal é escoitar aos veciños e ás veciñas que son quen mellor coñecen a situación e as necesidades de cada parroquia e non actuar prepotentemente como acostuma o señor Taboada, pois como nos indicaron os veciños, realizaron varias queixas por este tema diante do concello e non recibiron absolutamente ningunha explicación nin ningunha solución".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por todo isto, o Partido Popular de Vila de Cruces vai a solicitar "de forma urxente todos os permisos e licenzas necesarias para que a empresa acometese esta obra posto que está claro que o concello é complice desta chapuza. Nesta reunión, puidemos constatar que o noso proxecto é o que máis se parece ao noso pobo, así, Jesús Otero, explicoulle aos asistentes que viña de solicitar diante da administración autonómica a construcción dunha ponte para conectar Loño e polo tanto Vila de Cruces co concello de Santiso, solucionando así este problema de conexión que non soluciona a barcaza". E aseguran que "a proposta foi amplamente aplaudida xa que os vecinos coinciden nesa solución posto que non podemos pensar unicamente nos turismos, debemos pensar que camións e vehículos agrícolas de gran tonelaxe aforrarían moito tempo coa existencia desta ponte.

Seguimos traballando por Vila de Cruces, entre todos é posible".


NOTICIA RELACIONADA:

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page