top of page

O PP cruceño asegura que no municipio "hai 94 persoas dependentes á espera de ser atendidos"

E acusa ao goberno local diso "porque o Concello non quere destinar máis diñeiro para o Servizo de Axuda no Fogar; un dato lamentable para as familias do municipio"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O PP de Vila de Cruces asegura que no municipio, a día de hoxe, "hai 94 persoas dependentes á espera de ser atendidos porque o Concello non quere destinar máis diñeiro para o Servizo de Axuda no Fogar; un dato lamentable para as familias do municipio".

No pasado ano, sinala que "a Xunta de Galicia, destinoulle ó Concello de Cruces unha partida de 358.560 euros para o servizo de axuda no fogar, que foi distribuída pola administración local a 47 persoas dependentes, o que supón un ratio de atención do 36,15%. Para que a Xunta destine máis axuda ó SAF, é preciso que o goberno local inverta máis diñeiro neste servizo, en lugar de dedicalo en asesores de comunicación e no seu conglomerado de empresas no que gastou máis de 114.000 euros".


Así mesmo, o PP acusa ao actual equipo de goberno de "tratar de agochar a súa inacción e falta de interese polos problemas reais da veciñanza, escusándose en que as Administracións non os axudan de maneira intencionada, personalizando contra a Administración Autonómica".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Nos últimos tempos, incide, en Vila de Cruces, "estamos a vivir o máis completo exemplo da inacción política e da inexistencia do traballo pensado para a veciñanza. A non solicitude para acollerse ó plan de investimentos posto en marcha pola Xunta de Galicia para a rehabilitación e ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal e, o non querer destinar máis diñeiro para o SAF, amosan o claro desinterese do actual goberno local pola área de servizos sociais".

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page