top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP cruceño aporta unha batería de propostas para promocionar durante todo o ano o galo de curral


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces lamenta "a falta de interese do actual goberno local

nun dos eventos máis importantes en Vila de Cruces, a celebración do noso produto estrela o Galo de Curral. No seu día, puidemos observar co adiantamento da celebración desta festa unha medida claramente electoralista e, agora, cústanos comprender como se pode organizar unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia con tanto desinterese".

Así pois, sinala "apoiamos e vemos ben que se realicen actuacións musicais, pero a celebración da Festa do Galo de Curral non pode reducirse a un par de actuacións, pois deste xeito estamos deixando a un lado o realmente importante, as figuras do Galo de Curral, dos produtores e da hostalería do municipio".


Ante isto apunta que "o noso equipo, conscientes de que este produto pode e debe ser un valor engadido á nosa economía local, propoñemos o seguinte":

  • Programación de catro xornadas anuais, a nivel autonómico e nacional, coa difusión e promoción de actos e coa implicación dos produtores e da hostalería.

  • Resaltamos a realización do “mes do Galo de Curral” entre os meses de abril e maio coa hostalería do municipio.

  • Creación do “Outono do Galo”, entre mediados do mes de outubro ata o 22 de decembro, data na que se celebra a tradicional Feira de Nadal, con promocións gastronómicas a través da colaboración dos restaurantes, bares, casas de turismo e o concello de Vila de Cruces.

  • Organización dun taller gastronómico do Galo de Curral, feito por rapaces/zas de Vila de Cruces, na praza do Obradoiro, en Compostela.

  • Potenciación e posta en valor da marca “Galo de Curral de Vila de Cruces”.

  • Traballo serio e real para acadar a categoría de Festa de Interese Nacional.

  • Creación do “GaloFest”, un gran festival multicultural; e consolidalo entre os grandes festivais de Galicia baixo a marca “FestGalicia”.

  • Promover o galo de curral nas canles televisivas autonómicas e nacionais relacionadas coa gastronomía.

  • Promover o intercambio do noso produto estrela con municipios de Galicia e de España.

  • Recuperar o pulso de tódalas probas deportivas que se realizaban en torno a esta celebración.

  • Poñerase a disposición da Asociación unha parcela que reúna condicións para desempeñar labores de tipo formativo-educativo sobre a crianza do galo.

  • Creación dunha rede de rutas de sendeirismo e de visitas de centros de ensino de toda a comunidade entre as granxas dos diferentes produtores.

"Estas son algunhas propostas que cremos necesarias para que a festa do Galo de Curral

non se limite unicamente a dous días con actuacións musicais, as cales tamén están contempladas na nosa proposta, pero entendemos que durante todo o ano debemos

promocionar o noso produto estrela, xa que favorece o movemento económico no noso municipio".


NOTICIA RELACIONADA:





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page