"A convocatoria, segundo a a norma estatal publicada no BOE, debía de terse realizada antes do pasado 31 de decembro do ano 2022", sinala
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces amosa "a nosa preocupación polo proceso de estabilización do Persoal Laboral do concello de Vila de Cruces, preocupación compartida por varios dos profesionais afectados", sinala. "O alcalde do municipio, Luís Taboada, ven de convocar mediante Decreto a convocatoria da Xunta de Goberno Local para o 28 de febrero, na cal, no seu punto quinto dos asuntos de dita convocatoria, aparece o expediente 927/2022, sobre a Aprobación de Oferta de Emprego Público Extraordinaria de Estabilización", engade.

"A nosa preocupación, xunto coa dos traballadores, radica en que este trámite, segundo a a norma estatal publicada no BOE, debía de terse realizada antes do pasado 31 de decembro do ano 2022, polo que visto o visto, o concello de Vila de Cruces anda con dous meses de retraso", explica. "Tarde, mal e arrastro, esta é a forma de desgobernar o municipio do señor Taboada e isto é o que lle importa a estabilidade dos traballadores
municipais".
E subliña que " seguro que de tratarse de aprobar gasto para os seus asesores e as empresas satélite destes sería mais rápido na tramitación, exemplo disto foron as numerosas facturacións que estes realizaron antes de Noiteboa, cando aínda faltaban uns 10 días para rematar o pasado mes de decembro e a asombrosa celeridade no pago destas, aos 2 días de ser presentadas, todo un agasallo de Nadal deste desgoberno para os seus asesores, cando hai empresas e autónomos do concello que levan esperando por pagos dende fai moitos meses. Agardaremos vixiantes sobre este novo caso de desgoberno pois aínda non coñecemos o alcance das consecuencias deste inxustificado retraso nunha importante tramitación e de ser o caso, pediremos depurar responsabilidades a quen proceda. Xestión e sentidiño, moi necesarias para que Vila de Cruces recupere o paso", recalca.
Comments