top of page

O PP cruceño alerta do "perigo" dun poste de luz en Piloño situado na beirarrúa xunto ao parque

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Pode afectar a calquera viandante e ás familias e rapaces que van xogar ao parque; por non falar da barreira arquitectónica que crearon para as persoas con mobilidade reducida", recalcan os populares


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces, a través do seu voceiro, Jesús Otero, quere poñer en coñecemento de tódolos habitantes de Vila de Cruces,"outra mala xestión do actual goberno municipal. Nesta ocasión, os veciños de Piloño, atopáronse coa colocación dun poste de tendido eléctrico no medio dunha beirarrúa, á altura do parque infantil", indica.

Isto, alerta, "pode supoñer un perigo para calquera viandante que transcurra pola beirarrúa e, en especial, para as familias e os rapaces que van xogar ao parque; por non falar, da barreira arquitectónica que crearon para as persoas con mobilidade reducida que teñen dificultades para transitar en cadeira de rodas ou cun andador; así mesmo, a circulación cun carriño de bebé tamén resulta imposible, xa que o poste está, literalmente, colocado no centro da beirarrúa".


Este poste, sinala, "que fora derribado tras un accidente de tráfico, debería estar colocado no interior do muro do parque para que, deste xeito, a beirarrúa quede libre de obstáculos e non interfira na libre circulación dos viandantes".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Desde o Partido Popular, cústanos entender como o Concello puido autorizar semellante xestión, pero instamos a que procedan á súa corrección mediante a colocación deste poste no interior do muro colindante coa estrada, na maior brevidade posible, co obxectivo de gañar en accesibilidade e seguridade, así como mellorar a imaxe da beirarrúa. Esiximos ó actual goberno que corra cos gastos que todo isto conleva, o que supón, unha vez mais, doble custo para os veciños e veciñas de Vila de Cruces".


Por outra banda, conta que "os veciños de Piloño tamén nos trasladaron o seu malestar polo esquecemento do Concello ante a presenza dunha nogueira seca que se atopa pegado á marquesina, case en fronte ao parque público. Dado que esta nogueira corresponde a dominio público, rogamos que procedan a podala ou arrancala para previr lamentacións posteriores, xa que as ramas poden supoñer un risco para a vida dun rapaz ou calquera viandante".

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page