O PP cruceño acusa ao goberno local de "non solicitar ningunha inversión diante da Xunta"
- ecosdacomarca
- 25 nov 2022
- 5 Min. de lectura
Considera que é unha "situación gravísima acusar falsamente a unha administración que axuda e leva axudado moitísimo a Vila de Cruces"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Continúa "a guerra" polos presupostos da Xunta para o 2023 nos concellos de Deza. Cabe mencionar que os alcaldes de Agolada, Silleda e Vila de Cruces e tamén á alcaldesa de Forcarei, que non pertencen aos PP, mostraron o seu malestar polo reparto e consideran que "é discriminatorio". As críticas tamén chegaron dende Concellos doutras comarcas polo mesmo motivo. Agora pronúnciase o Partido Popular de Vila de Cruces.

O seu comunicado íntegro:
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces, vimos de constatar, o que por desgracia xa coñeciamos, que o municipio está sumido nun completo desgoberno que está gastando todos os fondos públicos en cuestións moi dubidosas e dunha forma na que en numerosas ocasións é completamente ilegal. Pero ademáis, o que vimos de coñecer dende o noso grupo, é que o Sr. Taboada e o seu equipo de desgoberno, non teñen o mais mínimo reparo en MENTIR intencionadamente a todos os veciños e a todas as veciñas do municipio.
Nas pasadas semanas, o Alcalde do municipio, queixábase na prensa do suposto maltrato representado na suposta ausencia de inversións por parte da Xunta de Galicia cara o concello de Vila de Cruces. Dende o noso grupo, sabíamos, e así o alertamos, que ademáis de falso, esta era unha clara maniobra do desgoberno municipal e dos seus
asesores para intentar acadar réditos políticos ante a proximidade das eleccións municipais do mes de maio.
Toda mascarada, que é o único adxectivo co que se pode calificar certas actitudes que vimos na prensa nas pasadas semanas incluindo unha visita do Delegado do Goberno de España a Vila de Cruces para anunciar unha inversión que xa fora tramitada e adxudicada estando o noso grupo no goberno do concello, ten rápida e incontestable resposta cos FEITOS REAIS.
Para todos aqueles que puidesen dubidar dos feitos, o noso grupo, a través do noso Portavoz Municipal, Jesús Otero, presentaba a pasada semana un escrito no concello
para poder ter acceso, como así ampara a Lei aos grupos da oposición, a todos os
expedientes e trámites que o concello de Vila de Cruces tiña realizado solicitando inversións á Xunta de Galicia. A nosa sorpresa foi maiúscula cando recibimos por parte do Secretario Municipal, un alto funcionario estatal, o informe no que se confirma o que o noso grupo denunciou en numerosas ocasións, que o equipo de desgoberno municipal liderado polo Sr. Taboada non solicitou nin tramitou absolutamente ningunha inversión para o municipio diante da Xunta de Galicia. O único que fixo, foi limitarse a presentarse a algunha subvención ordinaria dirixida a concellos, como poden facer calquera asociación, empresa ou mesmo particular sempre que as numerosas e diversas subvencións anuais vaian dirixidas a estes.
Estamos ante unha situación gravísima, primeiro, polo descarado intento de engano aos veciños do municipio por parte do Sr. Taboada, segundo, porque non se molestaron en tramitar absolutamente ningunha das grandes inversión que precisa o concello, e en terceiro lugar, por acusar falsamente a unha administración que axuda e leva axudado moitísimo a Vila de Cruces.
2. Atopámonos ante unha situación na que o concello non fixo nada, absolutamente nada, para poder sacar adiante servizos básicos como estaba plantexado no ano 2019 e recibir, polo tanto, financiamento doutras administracións. Así, a gran inversión para a traída de auga das parroquias de Brandariz, Santomé de Obra, Añobre, Camanzo, Gres e mesmo Piloño está gardada no caixón e sen tramitar absolutamente nada. O mesmo acontece co Parque Agroforestal de Aguillós, co Saneamento Integral de Camanzo, Añobre e Gres; co Centro de Día de Vila de Cruces para aumentar os servizos para os nosos maiores, co Centro Deportivo de Alto Rendemento, co Cemiterio Público de Añobre ou coa Liña 5G para todas as aldeas; todo, absolutamente todo, parado.
Estamos ante unha situación que resume á perfección o que foron estes catro anos dun
desgoberno sen escrúpulos e mal asesorado. A toda esta falta de traballo a favor do municipio, temos que engadir a ausencia total de apoio municipal ao comercio, á hostalería e aos autónomos locais poisa inda que o noso grupo o solicitou en numerosas ocasións no Pleno, este desgoberno non tivo a ben poñer en marcha un Plan de Apoio Económico para paliar os efectos negativos da pandemia e da crise actual. A maiores, a falta de apoio á xuventude e aos estudantes é clara, pois debemos recordar situacións como a da Biblioteca Municipal ou a liña 5G, servizo gratuito da Xunta de Galicia no que Vila de Cruces foi un dos únicos municipios da Comarca que non se quixo acoller ao mesmo e non propuxo ningunha aldea para ser dotada deste servizo básico.
Agora, nunha volta mais de rosca, a desvergonza do Sr. Taboada, fixo que intentara culpar a outra administración do seu completo desgoberno e do seu nulo interese polos veciños e as veciñas, e polo tanto, polo municipio. Non o decimos nós, así quedou de manifesto coa documentación que se nos facilitou dende o propio concello.
O que si sabe facer o señor Taboada e o seu equipo de correlixionarios é gastar e gastar sen fin e sen control. Neste sentido recordamos que xa van máis de tres Plenos nos que se nos quere colar o pago de facturas por importe superior aos 160.000€ sen consignación, sen informes de necesidade válidos e sen xustificar os supostos traballos realizados. Esta situación, reafirma as nosas sospeitas e as nosas denuncias destes últimos anos, pois, se como acabamos de coñecer, todas estas infraestructuras están paralizadas sen ningunha acción dende que o noso grupo abandonou a Alcaldía, ¿onde e como está a gastar os mais de 2M€ de Remanente recibidos o actual Alcalde de Vila de Cruces?
Terá que responder diante dos veciños e diante de quen proceda, pois o primeiro que fará este grupo se recibe o apoio maioritario dos veciños, será a realización dunha Auditoría Externa para coñecer o alcance real de toda esta destrucción provocada polo actual desgoberno, destrución anunciada polos funcionarios públicos que se marcharon ante a magnitude de neglixencias e ilegalidades que día a día observaron.
3. Ao mesmo tempo, observamos con ledicia, que o actual desgoberno está a presumir de obras conseguidas polo noso grupo, como foi o caso da inversión millonaria para o alumeado público, inversión tramitada e concedida ao concello estando o noso grupo no
goberno así como a senda peonil dende o entorno do Instituto a Toiriz, solicitada tamén
polo noso grupo e a cal se viu retrasada na súa realización pola chegada da Covid-19.
Igualmente, estamos asistindo a unha inversión millonaria da Xunta de Galicia no noso municipio como así son eses mais de 1M€ para a reparación total dos máis de 17km da estrada que une Ponte Ledesma con Vila de Cruces. Dende o Partido Popular de Vila de Cruces imos ser moi claros co Sr. Taboada e o seu equipo de desgoberno:
En primeiro lugar, esixímoslle que se disculpe diante de todos os veciños e de todas as
veciñas. Un gobernante pode equivocarse na toma de decisións pero o que nunca pode facer, é mentir e intentar enganar aos veciños de forma intencionada.
En segundo lugar, esixímoslle que se disculpe diante da administración que acusou
falsamente de non apoiar ao noso municipio.
E en terceiro lugar, solicitariamoslle que se puxera a traballar, claro que o que non se fixo en tres anos e medio non se vai a facer en 4 meses, polo tanto, pedímoslle, que polo ben de Vila de Cruces e de todos os seus veciños e veciñas, se vaia para a súa casa e non volva a tocar ningunha administración pública, pois o resultado, por desgracia para todos, é calamitoso.
NOTICIAS RELACIONADAS:
(Fondos destinados aos concellos de Deza). https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xunta-inclue-unhas-inversi%C3%B3ns-iniciaies-por-35-7-m-para-as-comarcas-de-deza-e-tabeir%C3%B3s-montes
(Malestar dos alcaldes de Agolada, Silleda e Vila de Cruces polo reparto) https://www.ecosdacomarca.com/post/os-alcaldes-de-agolada-silleda-e-vila-de-cruces-consideran-unha-humillaci%C3%B3n-os-orzamentos-da-xunta
( O BNG considera inxusto o reparto en Deza) https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-esixe-un-reparto-dos-orzamentos-da-xunta-equitativo-e-non-discriminatorio-en-deza
(Malestar do PSOE de Melide e aplauso do PP desta localidade polos presupostos). https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xunta-marxina-a-melide-nos-orzamentos-para-o-ano-2023-lamenta-o-psoe-da-localidade
(Actuacións que levarán a cabo os Concellos de Agolada, Silleda, Vila de Cruces e Forcarei antes os presupostos) https://www.ecosdacomarca.com/post/agolada-silleda-cruces-e-forcarei-queixaranse-ante-o-goberno-de-espa%C3%B1a-polos-presupostos-da-xunta
(Xustificación do delegado territorial en Pontevedra sobre as inversións en Deza): https://www.ecosdacomarca.com/post/luis-l%C3%B3pez-defende-os-investimentos-da-xunta-na-comarca-de-deza
Réplica dos alcaldes de Silleda e Agolada https://www.ecosdacomarca.com/post/cui%C3%B1a-pide-a-l%C3%B3pez-que-aclare-as-prioridades-para-non-ter-reformado-integralmente-o-ceip-de-silleda
Crítica do PSOE de Touro polos orzamentos https://www.ecosdacomarca.com/post/o-psoe-de-touro-critica-que-os-orzamentos-da-xunta-para-2023-discriminan-aos-veci%C3%B1os-do-concello
Pronúnciase o delegado do goberndo en Galicia https://www.ecosdacomarca.com/post/o-delegado-do-goberno-pide-%C3%A1-xunta-un-compromiso-equivalente-na-xesti%C3%B3n-dos-fondos-sen-precedentes
Comments