top of page

O PP cruceño acusa ao goberno local de "facer contratacións ilegais e sen transparencia"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

"O actual equipo de goberno refire “traballar incansablemente para mellorar a Vila, a pesar das trabas impostas pola oposición". Resulta sorprendente escoitar este tipo de comentarios, cando non son capaces de rematar os trámites para iniciar a actividade do polígono agroforestal ou levar a cabo a apertura do centro de día, entre outras, proxectos que son prioritarios para a nosa Vila", lamenta o PP de Vila de Cruces

A estas alturas, sinala, "somos conscientes de que, o señor alcalde, desfruta realizando obras co formigón, aínda que a maior parte deste material non acabe destinado en estradas ou beirarrúas xa que, normalmente, remata en propiedades privadas. Pero, o realmente sorprendente é a capacidade da que dispoñen para realizar todo tipo de artimañas ilegais", acusa.

"Queremos poñer en coñecemento de tódolos veciños e veciñas de Vila de Cruces que, na pasada semana, concretamente o 15 de marzo, o goberno local realizou unha segregación de contratos para a subministración de formigón en masa, adxudicado a tres empresas concretas, por un importe de 17.978 €, 17.760 € e 17.850 €; un total de 53.604 €. A peculiaridade, é que fan unha segregación de contratos cando tiña que ser un único contrato sacado a concurso, porque así o especifica a lei, e non un contrato amañado deste xeito", aseguran os populares.

"Parece algo inaudito, pero estamos ante a pura realidade: contratacións ilegais, sen transparencia, sen competencia nin criterios obxectivos de decisión", insiste.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page