top of page

O PP asegura que detectou promocións da Festa do Melidre "que non chegaron a todos os locais"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide fai fincapé nunha publicación nas redes sociais da Festa do Melindre sobre a distribución de produto (melindres, ricos e amendoados) durante os días de vacacións de Semana Santa entre os establecementos hostaleiros melidenses. O PP amosa a súa preocupación porque asegura que "foron moitos os que se achegaron a preguntar como era o sistema para acceder a esa promoción xa que non tiñan ningunha

información ao respecto por parte do goberno bipartito AM-PSOE, e, polo tanto, non foron beneficiados nin puideron promocionar algo tan tradicional e primixenio de Melide como son os seus doces".

A publicación da que fala o PP.

O PP pola súa banda demanda que a xestión da Festa do Melindre sexa o máis transparente posible "porque polo momento non o está a ser como a maioría dos temas neste goberno: a que establecementos hostaleiros se distribuíu? Canto tiveron que aportar ou foi unha promoción gratuíta? Cal foi o mecanismo de selección?", pregúntase.

Dende a formación popular lamentan "que o escurantismo do bipartito de Jose Manuel Pérez tamén dane a organización do Melindre deixando a boa parte da oferta hostaleira da vila fóra das promocións que necesariamente lle corresponde facer ao Concello".

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page