top of page

O polvo do Sáhara chega ás comarcas

A borrasca Celia empuxa areas saharinas o que fai que "chova barro" nalgunhas zonas incluídas as comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e a Ulloa


Laura Moure/Xeral

Esta mañá o ceo atópase cuberto, como se fose de niebla, pero presenta unha cor marrón. Esto débese á borrasca Celia que empuxa as areas saharianas e que está provocando que "chova" area ou barro e nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e a Ulloa non son unha excepción e xa se está notando por exemplo, sobre os vehículos estacionados.

O ceo na parroquia de Berredo, Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

A Axencia Estatal de Meteorología (Aemet) xa anunciara este fenómeno hai unhas horas:

"Ya está llegando el polvo en suspensión procedente del norte de África a la Península y Baleares. La intrusión continuará en los próximos días y será significativa. Dará lugar a calima, lluvias de barro y un empeoramiento de la calidad del aire", informaba a Aemet.

Segundo os expertos, este fenómeno que non se producía con esta intensidade desde facía varias décadas, diríxese de sur a norte polo leste do país impulsado polos ventos xerados pola borrasca Celia.


Ademais do ceo nas comarcas xa se están notando sobre todo sobre superficies como por exemplo, xa se pode aprezar nos coches coma está acontencendo en parroquias de Rodeiro e Agolada.

Un vehículo na parroquia agoladesa de Eidián.

Noutas comunidades coma o País Vasco este fenómeno xa se deixou ver a primeiras horas da mañá, como podemos ver na imaxe:

Un vehículo no País Vasco esta mañá.

Recomendacións

Nas zonas onde se note máis esta situación recoméndanse seguir varias medidas para protexer a saúde como reducir toda a actividade ao aire libre ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou razoablemente boa, así como o uso de protección adecuada para os traballos que deban ser realizados ao aire libre.

Ademais, para grupos de risco e persoas sensibles recoméndase evitar a estancia prolongada ao aire libre, seguir o plan de tratamento médico meticulosamente e acudir a un servizo de urxencias se o estado de saúde empeora.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page